Lea no Couto con motivo do partido de Copa do Rei: redución de aforamento para ver o Ourense - Athletic Club

Desde o cub comunican que "por circunstancias técnicas e de seguridade que afectan a unha das bancadas supletorias do noso estadio" a asistencia verase rebaixada para o partido de mañá. 


|

Grada de O Couto Foto Ourense CF
Bancada do Couto | Foto: Ourense CF

 

A cidade de Ourense vive horas frenéticas preparando todo para vivir unha noite grande na capital termal. O Ourense CF, erixido como o auténtico matagigantes desta edición da Copa do Rei, verase as caras no Couto para medir ao Athletic Club de Bilbao, un histórico do fútbol nacional que non visitaba a cidade de As Burgas desde facía máis de seis décadas. Os locais estarán arroupados por toda a súa xente co obxectivo de dar outro machadazo histórico á competición, pero con moito menos alento do esperado, despois do comunicado que acaba de emitir o cadro auriense. 

 

 

MENOS AFORAMENTO

O club vén de anunciar que, "por circunstancias técnicas e de seguridade que afectan a unha das bancadas supletorias do noso estadio", o aforamento verase sensiblemente reducido de face ao duelo copeiro. "A seguridade das persoas está por encima de calquera outro interese", subliña o equipo dirixido por Dani Llácer.

 

 

"Tras os informes técnicos recibidos, detectouse un problema de carácter arquitectónico, derivado do peso que a bancada exercería sobre os depósitos de auga situados baixo a mesma. Debido á falta de tempo material para emendar este problema antes da disputa do partido, o club vese obrigado a adoptar medidas preventivas de maneira inmediata", relatan na súa nota, onde explican que os afectados que ían ocupar a bancada supletoria "serán recolocados no fondo actual, asegurando en todo momento a súa comodidade durante o desenvolvemento do encontro".

 

O Couto Estadio Foto RFGF
O Couto | Foto: RFGF

 

"Por este motivo, procédese a unha redución do aforamento do estadio", resolven. "Así mesmo, informamos que, no caso de que chova durante o encontro, dotarase de ponchos aos afeccionados situados en bancada descuberta", apostilan desde a entidade, que "agradece a comprensión e colaboración da súa afección ante unha situación allea á vontade do club", que disputará o encontro mañá ás 19 horas deste xoves ante o club bilbaíno. 

 

 

Cabe lembrar que o estadio é propiedade da Xunta de Galicia e que o alcalde ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, vén sendo moi crítico polo estado do recinto, tanto polo terreo de xogo, cos "parches" aplicados pola Xunta, como por outras circunstancias do que tacha de ser "o peor campo dunha capital de provincia española".

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE