12.000 euros para vivir o Mundial: A FIFA acaba co soño de miles de afeccionados
Lonxe de manter a súa promesa, a FIFA chegou a triplicar o que custa seguir unha selección até o final do Mundial
A Asociación de Afeccionados ao Fútbol Football Supporters Europe (FSE) mostrou o seu asombro ante os prezos históricos das entradas para o Mundial 2026, que se disputará en Estados Unidos, México e Canadá Segundo a organización, seguir a un equipo desde a fase de grupos até a final a través das asignacións das Federacións Nacionais podería custar un mínimo de 6.900 dólares, case cinco veces máis que na Copa do Mundo de Catar 2022, e só contando o prezo das entradas.
Nun comunicado, a FSE esixe a suspensión inmediata da venda de entradas asignadas aos afeccionados e reclama que a FIFA consulte con todas as partes afectadas para revisar os prezos e a distribución das categorías. A organización critica, ademais, a decisión de reservar as entradas máis económicas para a venda xeral mediante un sistema de prezos dinámicos, o que exclúe aos seareiros habituais das seleccións e rompe coa tradición de uniformidade na fase de grupos. Este sistema pode multiplicar o prezo das entradas que, teoricamente, ían ser máis económica
Un encarecemento sen precedentes
A polémica xorde polo aumento espectacular do custo das entradas para o Mundial 2026. Mentres que o prego de condicións de 2018 establecía que acceder a todos os partidos até a final podía custar preto de 2.240 dólares na categoría máis barata, a nova política da FIFA eleva esta cifra a 6.900 dólares. Por primeira vez, os prezos variarán segundo o atractivo percibido de cada partido, xerando diferenzas entre afeccionados de distintas seleccións nacionais, sen transparencia sobre os criterios aplicados. Noutras palabras, un partido de España podería custar máis do dobre que un de calquera outra selección máis pequena.
Canto custará viaxar desde Nova York?
Ademais do prezo das entradas, os afeccionados que queiran viaxar ao Mundial 2026 deberán afrontar os custos do voo e o aloxamento. Unha viaxe de ida e volta a Nova York, cidade onde se xogará a final, pode roldar entre 700 e 1.200 dólares.
O aloxamento durante o torneo tamén se disparou debido á alta demanda. En Nova York, os prezos para hoteis económicos ou Airbnb sitúanse entre 150 e 250 dólares por noite, mentres que hoteis de gama media oscilan entre 350 e 600 dólares, e os de luxo superan os 800–1.200 dólares por noite. Calculando un mes completo de estancia, os custos aproximados serían:
Sumando entradas, voos e aloxamento, o custo total para seguir a un equipo até a final situaríase entre 12.120 e 41.910 dólares, segundo a elección de aloxamento. Incluso dividindo o aloxamento pola metade, o gasto aproximado sería de 10.000 dólares por persoa, unha cifra que está lonxe de ser alcanzable para a maioría dos afeccionados.
Impacto e crítica
A FSE advirte que este encarecemento converte o Mundial 2026 nun privilexio reservado a unha minoría, deixando fóra aos afeccionados que historicamente sostiveron o espectáculo do fútbol.
A organización insiste en que a FIFA debe garantir transparencia, equidad e respecto á tradición da Copa do Mundo, revisando os prezos e asegurando que os afeccionados máis leais poidan acceder aos partidos sen afrontar custos desorbitados. Con todo, a realidade é que quen queira ver ao seu país competir no Mundial de 2026 terá que rascar moito máis que o peto.
Escribe o teu comentario