transporte

​Renfe mantén descontos para promocionar o turismo en ferrocarril a Santiago e Ourense

O acordo funciona nas dúas direccións, as institucións fomentan a asistencia en tren ás súas actividades e a compañía rebaixa eses billetes.

​A Xustiza europea conclúe que Uber ten que someterse ás normas do transporte

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditamina que se lle poden esixir licenzas similares ás do taxi.

Galicia, Asturias e Castela e León reclaman a integración no Corredor Atlántico

Os tres gobernos autonómicos anuncian un acto conxunto para que se reforce a conexión ferroviaria dos portos

O BNG sácalle as cores ao "fracaso" do novo plan de transporte da Xunta

Reprochan que siga sen funcionar o anuncio "estrela" dos autobuses a demanda, que tiñan que empezar en setembro.

Lugo é a cidade co autobús urbano máis barato de España

Tanto no billete sinxelo como con bonos, o prezo das viaxes queda por baixo da media, uns 30 céntimos.

A UTE de buses da Mariña perderá a concesión ao non subrogar 15 traballadores

A Xunta rescindirá o contrato e estuda se outorgarlle as liñas á anterior adxudicataria ou sacala a concurso.

As novas rutas de autobuses aínda necesitan "axustes puntuais"

Despois dunhas tres semanas en marcha, aínda faltan liñas por entrar en funcionamento antes de que empece o transporte escolar.

Arriva acredita que unha concesionaria está obrigada a subrogar a 15 empregados

A empresa de autobuses demostra que a UTE que se fixo coa liña coñecía o número de traballadores da anterior concesión.

O "caos" dos autobuses empeorará "co comezo do curso" escolar

O BNG ve "intereses ocultos" no plan da Xunta e esixe criterios coñecidos e transparencia nas adxudicacións.

Varias concesionarias das liñas de buses deixan nun limbo a 20 condutores

Os traballadores que aínda están pendentes de subrogación "nin están contratados nin están despedidos", denuncia UXT.

A UTE da liña de buses da Mariña deixa tirados a 15 traballadores

As empresas que se fixeron coa adxudicación din que "non van materializar a subrogación de ningún persoal".

"Innumerables problemas" no arranque do novo plan de transporte

Os traballadores alertan de "incumprimento" coa subrogación e as empresas avisan de que tardarán "varios meses" en cumprir.

Traballadores e empresas de buses chegan a un acordo que "vale ás dúas partes"

A folga do sector queda desconvocada de forma definitiva se os traballadores ratifican o resultado das negociacións.

"Ou hai acordo ou non o hai" no conflito do transporte

Última reunión este mércores para chegar a un punto de encontro sobre a renovación dos convenios provinciais.

O conflito dos autobuses desatáscase na provincia de Ourense

Os sindicatos e as patronais chegaron a un acordo para subir os soldos, a pesar de posicións previas moi distantes.

O alcalde investigado por explotación de inmigrantes acaba de conseguir unha concesión de bus

A CIG pídelle á Xunta retirar o contrato que asignou á empresa de transporte do rexedor do PP en Xunqueira de Ambía.

Adxudicadas as primeiras 27 concesións do novo plan de transporte

A Xunta pensa resolver de forma directa coas empresas os contratos de tres rutas que non recibiron ofertas.

As empresas de autobuses auguran o "fracaso" do plan da Xunta

Só se presentaron 75 ofertas para 41 contratos. O sector retoma as negociacións provinciais dos convenios.

As adxudicacións do transporte resolveranse coas "peores relacións imaxinables entre Xunta e sector"

Algunhas das firmas galegas iniciaron reclamacións polo seu lado mentres a Xustiza decide sobre o recurso das patronais.

O conflito dos buses necesita mediadores para tentar algún avance

A folga seguirá suspendida polo menos ata a semana que vén. As empresas recorreron o plan da Xunta.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE