Arriva acredita que unha concesionaria está obrigada a subrogar a 15 empregados

A empresa de autobuses demostra que a UTE que se fixo coa liña coñecía o número de traballadores da anterior concesión.


|

Arrivaautobus


A compañía Arriva presentou este xoves ante a Xunta a documentación na que se acredita que a UTE Morán-Rodríguez, que se fixo coa adxudicación da liña de bus da Mariña que antes operaba Arriva, "está obrigada" a subrogar a 15 traballadores en base aos pregos do convenio.


Arriva informa de que a UTE Morán-Rodríguez optou á concesión "coñecendo que debía subrogar os 15 traballadores, 13 que representaban o 25,8% do persoal da anterior concesión, e outros dous traballadores que prestaban os contratos de transporte escolar".


Así, Arriva lamenta "a situación que atravesan" os seus ex empregados, que non foron subrogados, e confía en que "a intervención da Xunta permita resolvela canto antes".


Ademais, Arriva pon de manifesto que cumpre co estipulado no prego de condicións do concurso de transporte convocado pola Xunta, así como no acordo marco estatal de condicións de subrogación de traballadores referente ao traspaso da liña que anteriormente operaba na Mariña.


A comisión de seguimento do plan de transporte da Xunta posto en marcha a pasada semana --formada Administración, sindicatos e patronal-- se reunión por primeira vez o 11 de agosto, onde se acordou buscar unha solución para a vintena de traballadores pendentes de subrogación de liñas da Mariña lucense e a provincia de Ourense.


Esta comisión marcouse como data límite este xoves, 17 de agosto, como último día para solicitar toda a información dispoñible das adxudicatarias saíntes e entrantes nas que existen problemas de subrogación para poder darlle unha solución a eses traballadores.

relacionada O "caos" dos autobuses empeorará "co comezo do curso" escolar
relacionada Varias concesionarias das liñas de buses deixan nun limbo a 20 condutores
relacionada A UTE da liña de buses da Mariña deixa tirados a 15 traballadores

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE