O conflito dos autobuses desatáscase na provincia de Ourense
Os sindicatos e as patronais chegaron a un acordo para subir os soldos, a pesar de posicións previas moi distantes.
Pactan unha subida de soldo dun 2,6%.
As negociacións provinciais do convenio de transporte de pasaxeiros por estrada deron froitos en Ourense. Tal e como informa La Región, sindicatos e patronais chegaron a un acordo de subida salarial, a pesar de que as posicións de partida eran moi distantes.
Nun contexto marcado pola posta en marcha da primeira fase do plan de transporte da Xunta e a inestabilidade ao redor das liñas do rural, ambas as partes sentaron á primeira hora da mañá para tratar de avanzar.
Segundo o diario ourensán, o punto de encontro alcanzouse no 2,6% de aumento en todos os conceptos salariais do convenio vixente e asínano UGT e CCOO e as asociacións empresariais Asociación Provincial de Viaxeiros por Estrada de Ourense, ORENCAR e FEGABUS.
O principio de acordo a nivel autonómico, que freou a posibilidade dunha folga indefinida, establecía este incremento en, como mínimo, o 2%.
Escribe o teu comentario