As adxudicacións do transporte resolveranse coas "peores relacións imaxinables entre Xunta e sector"

Algunhas das firmas galegas iniciaron reclamacións polo seu lado mentres a Xustiza decide sobre o recurso das patronais.


|

AutobusAs patronais procuran a suspensión cautelar do proceso.


As federacións Anetra, Fegabús e Transgacar constatan "as peores relacións imaxinables entre Xunta e sector" ás portas de que o plan de transporte público impulsado pola Xunta entre na súa fase de resolución, tendo en conta que a previsión é adxudicar as liñas a semana próxima.


Nun comunicado, as federacións do transporte lembran que esta mesma semana interpuxeron un recurso en busca de frear preventivamente o proceso e anular despois o procedemento administrativo e o propio proxecto, pero tamén avanzan que algunhas empresas empezan a adiantar movementos para "esixir xudicialmente" os seus dereitos.


En concreto, explicaron que firmas iniciaron trámites para reclamar ante a rescisión "unilateral" por parte da Xunta dos contratos de transporte escolar, xa que, din, "estaban garantidos ata o ano 2020".


No comunicado, as federacións apuntan tamén a que "hai empresas que xa iniciaron o proceso de reclamación patrimonial derivado dos investimentos realizados desde o 2010 a raíz do plan de modernización".


"PARTIDA ORZAMENTARIA INSUFICIENTE"


Nun balance da situación, Anetra, Fegabus e Transgacar opinan que "se nalgúns lotes é certo que se aumenta a partida orzamentaria para os condutores, a dotación económica xeral segue sendo totalmente insuficiente".


As formacións asinantes do comunicado critican a actitude da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, "que case sempre expresou en privado o seu desinterese por pactar, negociar ou falar cos representantes empresariais, facéndoo só cos sindicatos".

relacionada Primeiro cume do transporte desde a suspensión da folga de autobuses
relacionada Suspendida a folga de autobuses ao alcanzar un principio de acordo salarial
relacionada O conflito dos buses necesita mediadores para tentar algún avance

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE