A UTE de buses da Mariña perderá a concesión ao non subrogar 15 traballadores

|

ArrivaautobusArriva era a anterior concesionaria.


A Xunta rescindirá o contrato da UTE de transporte da Mariña lucense que incumpre a subrogación de 15 traballadores -13 de liñas regulares e dous de escolar--.


A comisión de seguimento do plan de transporte da Xunta alcanzou esta decisión por "unanimidade" tras comprobarse esa obrigación de subrogación na documentación complementaria achegada polas adxudicatarias saínte (Arriva) e a entrante (UTE Autos Morán-Autocares Rodríguez Domínguez), á que agora se revoga o contrato.


Diso informou este xoves a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, quen explica que se elixirá a alternativa "máis rápida" que estipule a asesoría xurídica, que decidirá se a liña sae de novo a concurso ou se concederlla a dedo á anterior adxudicataria.


Estes 15 traballadores traballaban na liña regular por estrada da Mariña-Viveiro-Ribadeo, da que se encargaba Arriva Noroeste. Levan sen emprego e soldo desde o inicio do novo plan de transporte da Xunta a comezos de agosto, dado que a UTE adxudicataria se negou a subrogalos.


Por outra banda, segundo a conselleira, os problemas "puntuais" que existían con subrogacións na provincia de Ourense "están resoltos" tras chegarse a acordos entre empresas.


CONVIVENCIA NO TRANSPORTE ESCOLAR


Pola súa banda, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, saíu a defender o transporte compartido indicado que "na práctica" os alumnos compartirán viaxe con "persoas da súa contorna", polo que cre que os incidentes que poidan rexistrarse serán "moi puntuais".


A unhas semanas do inicio do curso, Rodríguez mostrou a súa confianza en que esta medida non cause "problemas de convivencia".


MÁIS PROBLEMAS ESTE MES


Mentres, o deputado do BNG, Luís Bará, asegurou que "os problemas" xurdidos coa posta en marcha do novo plan de transporte público "aumentarán" co arranque do curso escolar.


Nunha rolda de prensa ofrecida este xoves, o parlamentario do BNG tamén cargou contra a directriz da Xunta que permite a acompañantes de escolares e condutores vetar a entrada aos autobuses de persoas adultas que supoñan un risco.


"Desde a Consellería vendíase o plan como unha auténtica mellora pero a realidade é que se están perdendo liñas e servizos", censurou o parlamentario do BNG.


relacionada Arriva acredita que unha concesionaria está obrigada a subrogar a 15 empregados
relacionada A UTE da liña de buses da Mariña deixa tirados a 15 traballadores
relacionada O "caos" dos autobuses empeorará "co comezo do curso" escolar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress