​Renfe mantén descontos para promocionar o turismo en ferrocarril a Santiago e Ourense

O acordo funciona nas dúas direccións, as institucións fomentan a asistencia en tren ás súas actividades e a compañía rebaixa eses billetes.


|

Asina renfe fomento santiagoSinatura entre Renfe, Fomento e Santiago. Foto: Concello de Santiago

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, rubricou este xoves co presidente de Renfe, Juan Alfaro, a prórroga dun acordo de colaboración entre ambas as institucións para fomentar o uso do tren no turismo con descontos de ata o 35 por cento.


As dúas institucións, xunto coa Asociación Provincial Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, estenderán durante este ano as accións conxuntas, dado o bo resultado colleitado nas edicións precedentes, segundo explicaron no acto celebrado en Fitur.


Mediante este convenio Renfe e a cidade de Santiago comprométense a promocionar o turismo e a restauración e a fomentar o uso do tren como medio de transporte para as actividades que organice a cidade, especialmente aquelas turísticas e culturais, durante 2018. O convenio estará vixente ata o 31 de decembro deste ano e pode prorrogarse por anualidades


DESCONTOS PARA OURENSE


No caso de Ourense, o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, asinou este xoves un acordo para prorrogar a promoción turística a través do transporte en ferrocarril, igual que fai con outras cidades españolas.


O presidente da deputación de Ourense, José Manuel Baltar, subscribiu o acordo no que a Deputación se compromete a promocionar o ferrocarril en actividades como Termalismo Saudable e Cultura Termal, ademais de senllos descontos de distintos tipos que Renfe lles ofrecerá aos viaxeiros.


TRENS TURÍSTICOS


Doutra banda, os trens turísticos de Galicia, unha das propostas "máis exitosas" dos últimos anos, presentaron este xoves na Feira Internacional de Turismo (Fitur) dous novos itinerarios para o ano 2018, a Ruta dos Mosteiros e a Ruta da Ribeira Sacra do Miño.


A Xunta destaca que as novas rutas presentadas "achegan importantes atractivos", xa que incorporan ao programa de visitas "espazos emblemáticos do patrimonio galego", como o pazo de Oca, os mosteiros de Carboeiro e Oseira ou o templo de Veracruz (O Carballiño).


Neste sentido, o Goberno galego lembrou que o pasado ano os visitantes destas rutas chegaron de "ata 18 países diferentes": Bélxica, Alemaña, Francia, Finlandia, Portugal, Polonia, Reino Unido, Italia, Xapón, China, Estados Unidos, Venezuela, Costa Rica, Arxentina, Perú, Brasil e Sudáfrica, ademais da práctica totalidade de España.


A directora de Turismo da Xunta, Nava Castro, destacou que, na súa última edición, os Trens turísticos contaron cunha ocupación superior ao 86%. Así, varias rutas "esgotaron os seus billetes", como foi o caso da Ruta dos Faros ou do Tren do Viño Ribeira Sacra.


relacionada Renfe pon á venda miles de billetes cun 70% de desconto
relacionada ​Renfe vende en menos de tres horas os últimos billetes de AVE a 25 euros
relacionada Renfe incorpora Lugo, Ourense e A Coruña á súa oferta de Trens Turísticos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE