tormentas

Alerta amarela pola ameaza de fortes choivas e tormentas en Lugo e o leste de Ourense
A provincia de Lugo e o leste da de Ourense estarán este luns 14 de setembro en alerta amarela (risco) por choivas e tormentas, segundo a Axencia Estatal de Meterología (AEMET).
A choiva volverá reinar en Galicia este xoves, coas costas da Coruña e Lugo en alerta amarela
Unha borrasca atlántica situada nas Illas Británicas desprazarase cara ao sur e profundarase "rapidamente" e situarase este xoves sobre o mar Cantábrico e afectará o tempo na Península nos dous próximos días.
Case toda Galicia en alerta amarela por tormentas e choivas torrenciais


En Galicia as alertas empezan ao mediodía e prolongaranse toda a xornada. Hai avisos tanto por tormentas como fortes precipitacións en horas puntuais. A práctica totalidade do interior do país estará baixo alerta amarela. A AEMET estima entre un 40 e un 70 por cento a probabilidade de que suframos estes fenómenos na segunda parte deste martes.

Gran parte do interior de Galicia en alerta por tormentas e chuvascos venres e sábado

AEMET declara aviso amarelo en moitas comarcas de Pontevedra, Lugo e Ourense este venres. Meteogalicia tamén prevé aviso amarelo o sábado en case todas as provincias de Lugo e Ourense. As tormentas espéranse a partir do principio da tarde e ata as 21 horas, aproximadamente.

Alertas en Ourense e Lugo porque o bochorno pode vir acompañado de tormentas e fortes choivas
Un total de sete provincias estarán en alerta polas condicións atmosféricas na xornada deste martes. Cantabria, León, Palencia, Zamora, Lugo, Ourense e Asturias estarán en risco amarelo por choivas e tormentas que poderán acumular ata 20 litros por metro cadrado nunha hora.
​(VÍDEOS) O “verán” en Galicia asolaga a cidade de Ourense

Ourense e Lugo, en alerta laranxa, son as provincias máis castigadas polo mal tempo que azoutou Galicia ao longo de toda a xornada, coa choiva, a saraiba e os raios como protagonistas. 

Un temporal poñerá a Galicia en alerta durante tres días

Varias zonas da comunidade entrarán esta tarde en alerta laranxa e a incidencia do temporal prolongarase, previsiblemente, ata o venres.

As tormentas abandonan Galicia pero déixannos temperaturas baixas

No centro da comunidade as mínimas descenderán ata os 8 graos. Ata a fin de semana non volve o sol.

O concello de Santiago realoxa unha parella que viu como se lle alagaba a casa o luns

A auga derrubou un muro na zona e a riada chegou á vivenda. As intervencións en posibles "puntos negros" comezarán nuns días.

Terceira xornada de tormentas que volverán deixar sarabiadas

Galicia está entre as zonas de España con maior probabilidade de que se repitan tormentas, pero "nin tan fortes nin tan xeneralizados" coma as de domingo e luns.

Só a costa se libra hoxe das tormentas e a saraiba

Desde a tarde do domingo ata primeira hora deste luns caeron en Galicia máis de 10.000 raios e a inestabilidade continúa.

Alerta por tormentas en varias zonas da Comunidade

Tanto este xoves como o venres espéranse choivas acompañadas de saraiba en puntos de Ourense, Lugo e Pontevedra.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE