​(VÍDEOS) O “verán” en Galicia asolaga a cidade de Ourense

Ourense e Lugo, en alerta laranxa, son as provincias máis castigadas polo mal tempo que azoutou Galicia ao longo de toda a xornada, coa choiva, a saraiba e os raios como protagonistas. 


|

Ourense e Lugo, en alerta laranxa, son as provincias máis castigadas polo mal tempo que azoutou Galicia ao longo de toda a xornada, coa choiva, a saraiba e os raios como protagonistas.


Estrada levantada

A choiva cortou estradas na cidade de Ourense


Galicia non se libra das choivas nin no verán. As tormentas azoutaron as catro provincias e deixaron un bo número de incidencias, especialmente en Lugo e Ourense onde as choivas asolagaron estradas e derrubado árbores. Incluso a tormenta de saraiba afectou ao Túnel de Pedrafita, causando incidentes aínda que sen danos persoais.



Tamén se rexistraron inundacións en vivendas e baixos comerciais, así como no centro comercial Ponche Vella de Ourense. Ademais, tamén se rexistraron cortes en diversas estradas polo levantamento do asfalto e desprendementos, como un anaco de formigón procedente dunha vivenda de Allariz que impactou nun turismo.



As choivas torrenciais situaron a Ourense como a provincia na que rexistraron máis incidencias, con 19 ata o momento, polas 16 de Lugo e as tres da Coruña e Pontevedra. A cidade de Ourense, Manzaneda, Monforte de Lemos ou Chantada foron os municipios máis castigados.





Espérase que co paso das horas a tormenta amaine e que mañá se rexiches tempo despexado en boa parte da comunidade. Polo momento, desde a Xunta declararon a alerta laranxa en Lugo e Ourense.



SEMANA NEFASTA

Ourense non se librou das tormentas en toda a semana. Hai uns días as comarcas de Valdeorras e Verín sufriron unha serie de riadas que deixaron moi danados os cultivos e as vides, poñendo en serio perigo parte da produción vinícola da Denominación de Orixe de Valdeorras e Monterrei.


Albarellos ourense



As tormentas mesmo levaron ao alcalde de Monterrei a declarar á localidade “zona de emerxencia” para poder optar a axudas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE