Alertas en Ourense e Lugo porque o bochorno pode vir acompañado de tormentas e fortes choivas
Un total de sete provincias estarán en alerta polas condicións atmosféricas na xornada deste martes. Cantabria, León, Palencia, Zamora, Lugo, Ourense e Asturias estarán en risco amarelo por choivas e tormentas que poderán acumular ata 20 litros por metro cadrado nunha hora.
As alertas en Ourense e Lugo -salvo A Mariña- empezarán a partir das 12 do mediodía e prolongaranse ata as dez da noite. Son polo risco de importantes precipitacións acumuladas nunha hora acompañadas de tormentas. A probabilidade de que sucedan estes fenómenos está estimada entre o 40 e o 70 por cento, segundo AEMET.
17/09 09:09 #AEMET actualiza #FMA en Galicia. Activos hoxe e mañá. Nivel máx amarelo. Imaxe do mapa de avisos en vigor ás 09:09 . Para ver unha táboa de avisos actualizada faga CLIC NA IMAXE ou visite https://t.co/Mw1Ou1wz2ve https://t.co/YvPtyJb1Gf
— AEMET_Galicia (@AEMET_Galicia) September 17, 2019
PREDICIÓN XERAL
No resto da Península, a AEMET prevé predominio de ceos pouco nubrados ao principio e xa ao longo do día irase formando nebulosidade de evolución no interior peninsular, que dará lugar a chuvascos e tormentas no interior do cuadrante noroeste e Pireneos, que poderían ser localmente fortes e acompañadas de saraiba no extremo noroeste.Ademais, haberá brumas e intervalos de nubes baixas matinais en zonas de Galicia, alto Ebro, extremo sueste peninsular, área do Estreito e Baleares, sen descartar algúns bancos de néboa a primeiras horas.
En canto ás temperaturas diúrnas, estas irán en ascenso no interior peninsular e descenderán en Canarias, sen cambios no resto. As máximas rexistraranse en Badaxoz, Córdoba e Xirona con 33ºC mentres que as mínimas serán en Teruel e León con 12ºC.
En relación aos ventos, estes serán do nordeste no litoral norte de Galicia e en Canarias, e de levante no Estreito.
Escribe o teu comentario