As tormentas abandonan Galicia pero déixannos temperaturas baixas

No centro da comunidade as mínimas descenderán ata os 8 graos. Ata a fin de semana non volve o sol.


|

Ciudadlluvia


O episodio tormentoso que se produciu en Galicia desde a fin de semana xa remitiu, tras un martes no que se rexistraron 97 raios en toda a comunidade e precipitacións máximas de 30'5 litros por metro cadrado na localidade de Muíños (Ourense), pero virá seguido dunha fronte fría con caída das temperaturas mínimas ata os 8 graos no centro de Galicia.


Fontes de Meteogalicia consultadas por Europa Press aclararon que se pode xa falar de que o episodio de tormentas finalizou o martes, tras rexistrarse un número de raios moi inferior ao do domingo, cando caeron un total de 8.084, e do luns, de 3.993. Aínda que nalgunhas zonas altas de Lugo e Ourense aínda se rexistraron lóstregos durante a tarde, xa non se tratou dunha situación de tormenta xeneralizada como o domingo ou o luns.


As choivas tamén foron inferiores o martes que os días previos. As máximas precipitacións producíronse nos municipios ourensáns de Muíños, con 30,5 litros por metro cadrado, Baltar con 26,6 e Vilardevós, con 26,5.


En cambio, durante este mércores, desde Meteogalicia indícase que xa non se espera que se rexistren episodios con aparello eléctrico, porque a inestabilidade atmosférica xa remitiu. A entrada dunha fronte fría deixará nebulosidade e orballos, cunha situación completamente diferente, con choivas especialmente no norte das provincias da Coruña e Lugo.


FRONTE FRÍA


A fronte que atravesa Galicia desde este mércores non é moi activa e, segundo Meteogalicia, non se prevén choivas moi intensas, pero si unha baixada de temperaturas xeneralizada.


Desde o mércores ao venres, as máximas apenas subirán dos 20 graos e durante a noite as mínimas caerán ata os 8 graos nas localidades do interior de Galicia, en valores que se consideran baixos para esta época do ano. En municipios como A Mezquita prevense mínimas de ata 7 graos durante a noite do venres.


Xa cara á fin de semana, prevese a entrada dun anticiclón en Galicia, con ventos do nordeste, que deixarán ceos despexados no sur e algo de nubes no norte, con ambiente seco e recuperación das temperaturas.

relacionada Terceira xornada de tormentas que volverán deixar sarabiadas
relacionada Só a costa se libra hoxe das tormentas e a saraiba

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE