Un temporal poñerá a Galicia en alerta durante tres días

Varias zonas da comunidade entrarán esta tarde en alerta laranxa e a incidencia do temporal prolongarase, previsiblemente, ata o venres.


|

Varias zonas da comunidade entrarán esta tarde en alerta laranxa e a incidencia do temporal prolongarase, previsiblemente, ata o venres.


Choivas de galicia


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior de la Xunta activou a alerta de nivel laranxa por un temporal costeiro que comezará na tarde deste mércores e que afectará a todo o litoral galego.

Segundo a información da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o nivel laranxa comezará na tarde do mércores no litoral oeste da Coruña. Durante a madrugada do xoves, estenderase ao suroeste da mesma provincia, así como a Pontevedra e Lugo, xa nas primeiras horas da mañá, chegará á zona noroeste da Coruña. En todos os casos, espérase mar combinada do oeste con ondas de 5 a 6 metros.

Por mor deste temporal, a Xunta aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestas contornas, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias, en especial en zonas de especial perigo como diques de abrigo, diques, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos, así como aparcar nos portos, na medida do posible.



Alerta galicia


Emerxencias lembra, ademais, que é recomendable non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres ou outras edificacións que, polas súas características construtivas, poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores, tales como cubertas metálicas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE