A lista oficial de centros con 15 ou máis casos activos de coronavirus no interior.
O Sindicato de Enfermería (SATSE) anunciou as mobilizacións para o próximo 10 de febreiro pare denunciar a situación que sofren os profesionais en Galicia.Esta será unha das moitas protestas que impulsará o sindicato neste ano co obxectivo de lograr “melloras nas condicións profesionais e laborais as enfermeiras, enfermeiros e fisioterapeutas”.Protesta de SATSE | Foto: EP A sexta onda levou, unha vez máis, ao límite das súas forzas aos sanitarios galegos.
Cando un ve xa con certa perspectiva a evolución da pandemia dáse conta entre outras moitas cousas de que os feitos brillan pola súa ausencia.
Moitos centros de saúde de Galicia están colapsados. Para mostra un botón. Esta axenda do mércores dun médico de familia do SERGAS, que empeza a xornada con 84 consultas programadas e terminouna atendendo a 103 pacientes. Se traballase só 8 horas, tería que despachar a cada enfermo en menos de 5 minutos.
Unha parte primordial desa autonomía é o dereito para coñecer os detalles de todo proceso ao que debamos ser sometidos, de maneira que podamos adoptar nosas propias decisións.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que as previsións se manteñen e que Galicia "está a roldar o pico" de casos activos nesta onda da pandemia. Faio nun marco no que as autoridades sanitarias consideran que, pese á alza dos ingresos en planta, a hospitalización está controlada e "estable", aínda que segue a "preocupación" pola Atención Primaria.
Agora mesmo, case o único índice moi fiable que nos queda é a evolución da curva de hospitalizados en planta. É evidente que non chegou a un pico. Agora ben, se analizamos a súa derivada, que nos mide a velocidade de cambio deste índice en termos porcentuais, vemos que baixou en catro do últimos cinco días. Isto dános esperanzas de que o ascenso de hospitalizados estea xa decelerando.
Practicamente nove de cada dez galegos conta coa pauta de vacinación completa: o 73% dos menores teñen unha dose
De forma que un traballador que cause baixa como resultado dun test positivo reincorpórese aos sete días de forma inmediata ao traballo”, sinalou o presidente autonómico en declaracións para CÓPEA. Con todo, Feijóo tamén advertiu que no caso de que o afectado siga tendo algún tipo de síntoma ou manteña o positivo “póñase en contacto” co Servizo Galego de Saúde.
O enésimo cambio da Xunta e o Estado na forma de medir a pandemia e publicar os datos desbarata hoxe moitas das estatísticas. Isto explica, por exemplo, porqué hoxe os casos activos caen en 16.825.
No MIR preséntanse 13.000 egresados ao ano e anúncianse 6.500 vacantes. Hai moitos médicos: quedan 6.500 sen praza cada ano; o que non hai é a vontade política necesaria, e o investimento correspondente, para darlles traballo na sanidade pública
A sexta onda avanza e seguirá avanzando, pero todo indica que desde o Goberno de Galicia deixarán ao carón o ábaco e as calculadoras, tendo en conta que dan por inutil a contención da transmisión do virus. Así o evidencia o último protocolo anunciado pola Xunta. Sen rastrexo e coa corentena como media case exclusiva para nenos, non vacinados e contaxiados, o número de novos casos detectados podería empezar a baixar, xa que a Xunta parece deixar en man dos cidadáns que se fagan ou non test, mentres os laboratorios seguen saturados e xa basta unha proba de antígenos para admitir a alguén como positivo sen necesidade de PCR.