As ocorrencias de Feijóo sobre a Sanidade Pública

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

 


Ocorrencias: Dito ou feito gracioso e inxenioso que se lle ocurre a unha persoa. RAG.


Non se pode facer máis con menos (e o que dixo o contrario está no cárcere). Ca que está caendo da Pandemia, sumada aos recortes efectuados polo PP nos últimos 12 anos, fai que os orzamentos que se necesitan para unha atención sanitaria de calidade non se poda realizar.


No ano 2022 a realidade económica para a Sanidade Pública na Galiza, será máis do mesmo: menos orzamento que no 2021 (si contamos o IPC) e 72 millóns menos que no ano 2009, cando Feijoo chega o goberno da Xunta. Si a disculpa para non poñer os reforzos que se precisan en sanidade, é a “falta de Médicxs”  é unha falacia


No MIR preséntanse 13.000 egresados ao ano e anúncianse 6.500 vacantes. Hai moitos médicos: quedan 6.500 sen praza cada ano; o que non hai é a vontade política necesaria, e o investimento correspondente, para darlles traballo na sanidade pública


No MIR anual, preséntanse 13.000 licenciadxs e convocan 6.500 prazas. Médicxs hai e moi bxs: quedan 6.500 todolos anos sin praza; o que non hai é a vontade política necesaria, e a inversión correspondente, para darlles traballo na Sanidade Púbica e optan por marcharse a servizos sanitarios que prestixen a profesión de Médicx e lles de estabilidade e un salario digno, algo que na Galiza é imposible como se demostra que non teñen profesionais para suplir xs que se ausentan dos consultorios.


As últimas "ocurrencias" do SERGAS, pasan por recuperar xs Médicxs xubiladxs, por inventar unha nova categoría profesional onde o/a Médicx traballa en AP e a maiores fara Gardas, suprimir dun plumazo a actividade de determinados cupos Médicxs e incluso servizos, sexan de PAC ou cupos de Centros de Saúde, bloquear axendas de Médicxs, aumentar a Burrocracia inútil para realizar informes e certificados que non valen para nada, e a última (ata que veña a seguinte ocurrencia) é de que como xs Médicxs de AP “non están saturadxs” fagan tamén agora de RASTREXADORXS, co cál as consultas, convírtense nun maratón de cousas prescindibles e deixar de atender o que verdadéiramente é importante como a clínica do día a día.


Vemos que a capacidade de reacción da administración é moi escasa e sempre en contra de todxs (só co apoio do grupo do PP) e dende logo, non vai na dirección axeitada de levar a cabo as conclusións do Consello Técnico de AP, nas súas 15 Comisións Técnicas, creadas para facer un Novo Modelo de AP na Galiza. Teñen as conclusións dende novembro do 2020 e no caixón siguen.


O de pechar os 14 servizos en Vigo e no Baixo Miño, dende logo é unha REPRESALIA pola enorme mobilización realizada en A Garda, acto que se corresponde co malestar da xente, que xa non se cre as mentiras de Feijoo e está saíndo as rúas en moitas localidades de Galiza (chuvia fina que culminou, pero non terminou, ca masiva manifestación de Compostela).


A idea xeral das mobilizacións, é dicirlle a Feijoo que: ou dedica máis orzamento ó Sistema Sanitario Púbico, ou as secuelas que déixe esta falta de atención de calidade, serán únicamente responsabilidade súa.


O que está sucedendo, é unha pena, pero ésta é a realidade...e cada día que pasa irá a peor! 


Sanidade publica atencion primaria


 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE