O SERGAS deixa de operar en Pontevedra e O Salnés ante a propagación da cepa covid Ómicron en Galicia

A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés decidiu suspender esta semana intervencións cirúrxicas debido ao aumento da presión asistencial pola pandemia da Covid-19.

|

É a segunda área sanitaria galega que decreta restricións ás cirurxías, pois o Hospital de Vigo xa deixou de operar na quenda de tarde.


O SERGAS vincula a decisión á expansión de Ómicron, 40 casos en Galicia. Está caendo a proporción de persoas que acaban no hospital, pero isto é insuficiente ante a explosión de contagios.


Os pacientes covid ocupan o 23% da capacidade UCI de Pontevedra onte. En Vigo é xa o 30%. Lugo (15%) e Ferrol (12%) son os seguintes que poden ter problemas, porque Ourense está en 13% pero é a única área con tendencia á baixa de positivos. 



MONTECELO 2

Unha pasada protesta no hospital Montecelo de Pontevedra 


A área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés decidiu suspender esta semana intervencións cirúrxicas debido ao aumento da presión asistencial pola pandemia da Covid-19.

Así o explicou aos medios este martes o coordinador de hospitalización Covid e xefe de servizo de Aparello Dixestivo da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés, Juan Turnes Vázquez.

Aínda que comentou que os datos de hospitalización a data deste martes "son moi parecidos" aos da semana pasada, con 38 ingresados nos hospitais Montecelo e o Provincial e cinco no Salnés pola Covid, hai dous pacientes máis en UCI e "o perfil é algo diferente".

Neste sentido, detallou que nove dos 38 ingresados en Moncelo e en Provincial non están vacinados, cando a semana pasada os non inmunizados hospitalizados eran "dous ou tres".


INGRESADOS MÁIS JOVENES

E, ademais, resaltou que a idade media dos ingresados en UCI e noutras unidades convencionais por este coronavirus esta semana "é máis baixa", tras ir "baixando ao longo desta semana".

Turnes Vázquez puntualizou que o incremento dos pacientes en UCI pola Covid "está a empezar a producir distorsiones no funcionamento do hospital" e subliñou que "un dos primeiros puntos afectados é a actividade cirúrxica". "Está a reducirse esta actividade", admitiu, porque algúns pacientes necesitan cama de coidados intensivos "e están moi presionadas nos últimos días" por pacientes con coronavirus.


Así mesmo, detallou que a actividade de Atención Primaria aumenta al haber máis casos de Covid, así como maior demanda en urxencias hospitalarias, polo que "a repercusión da pandemia na última semana aumentou na área" pontevedresa.

"FOCOS CON MÁIS PRESIÓN"
Iso levou a que esta área sanitaria focalice as medidas de intervención, non en abrir máis camas Covid, "senón en actuar sobre os focos con máis presión como urxencias, coidados intensivos e primaria", explicou.

Todo isto sucede, segundo puntualizou o coordinador de hospitalización Covid, pola circulación da variante ómicron. En concreto, explicou aínda que os síntomas destes poidan ter "maior levidade", ao contaxiarse máis persoas, "van requirir máis asistencia", o que leva a unha "maior saturación" en Atención Primaria e en Urxencias. "Aínda que o número de ingresos é inferior, ao final crece ao haber máis contaxiados", sentenciou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE