A Asociación de Pacientes de Compostela abre unha petición en Change.org de apoio á doutora, que en poucos minutos recibiu xa ducias de firmas. Solicitan o arquivo do expediente.
O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que a área de Santiago - O Barbanza é a que hoxe rexistra as peores cifras, adiantando á área da Coruña como a segunda máis afectada da comunidade. Aínda que hoxe A Coruña cidade (+275) e Vigo (+237) asustan, o certo é que chama moito máis a atención a variación de municipios como Boiro (+100), Ribeira (+98) e Ames (+90).
O Xerente do SERGAS acaba de asinar unha Instrución para a "incorporación de persoal médico e enfermeiro xubilado para realizar tarefas dirixidas contra a loita a covid-19". Neste documento interno, ao que tivo acceso Galiciapress e que se pode consultar ao final desta noticia, José Flores admite que a situación da pandemia é "grave" dado que "a taxa de incidencia de casos segue aumentando".
Saúde Pública anunciou a súa decisión a pesar de que ata o de agora, sempre que existise sospeita ou a confirmación de que o caso positivo podería estar relacionado coa variante surafricana, os contactos coa cepa ómicron debían gardar corentena con independencia do número de dose coas que contasen na súa ficha médica.
Son malas noticias, porque parece que o forte alza de positivos en Galicia non se explica, polo menos non primordialmente por agora, por Ómicron. Esta cepa é máis contaxiosa e pronto será dominante no país, como xa sucede noutras zonas de Europa.
É a que máis porcentaxe de dose puxo respecto a as recibidas. Galicia tamén é a comunidade que máis inxeccións puxo en proporción á súa poboación. Só Asturias está por diante na porcentaxe de persoas que recibiron a pauta completa contra o coronavirus en cada comunidade autónoma de España, cun 85,3% de cobertura.
De feito, parece que haberá limitacións, pois o Comité que debe aprobalas foi convocado despois de meses de inacción.
"As condicións nas que traballamos, os despachos e as salas de descanso asignadas para cada servizo non cumpren nin se aproximan ás recomendacións indicadas polas autoridades sanitarias"
A decisión final tomaraa, en teoría, o comité do luns, pero o presidente acábase de mostrar contrario a máis limitacións.
O 33% das análises de ADN a positivos de covid en Galicia na primeira semana de decembro detectaron a liñaxe BA.1, a cepa Ómicron do covid-19. Así figura nos datos de COVIDTAG, o proxecto de IrsiCaixa que, tirando de datos oficiais, publica a frecuencia de cada variante en cada autonomía.
O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra como a evolución da cidade de Ourense comeza a dar síntomas de chegar ao seu tope, tendo en conta que no últimos seis días só rexistrou un repunte. Esta xornada, sen ir máis lonxe, lanza unha variación de -41 casos, a maior da comunidade.
Hai que lembrar que Galicia ten unha capacidade insuficiente para identificar cepas. Só se secuencian os casos sospeitosos de ser relevantes para a situación da pandemia. Por exemplo, se un positivo estivo recentemente no sur de África, como parece ser o caso.