Covid por concellos: Santiago (+283) e a súa área ofrecen os peores datos, co Barbanza totalmente descontrolado
O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que a área de Santiago - O Barbanza é a que hoxe rexistra as peores cifras, adiantando á área da Coruña como a segunda máis afectada da comunidade. Aínda que hoxe A Coruña cidade (+275) e Vigo (+237) asustan, o certo é que chama moito máis a atención a variación de municipios como Boiro (+100), Ribeira (+98) e Ames (+90).
O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que a área de Santiago - O Barbanza é a que hoxe rexistra as peores cifras, adiantando á área da Coruña como a segunda máis afectada da comunidade. Aínda que hoxe A Coruña cidade (+275) e Vigo (+237) asustan, o certo é que chama moito máis a atención a variación de municipios como Boiro (+100), Ribeira (+98) e Ames (+90).
Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo a as súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10.
En toda Galicia só hai cinco municipios sen positivos na última semana: Porqueira, Muras, Ribeira de Piquin, Triscatela e Calvos de Radín.
Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas e canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos, onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque envillas e urbes tamén empezan a saltar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, usando os niveis do anterior semáforo de alertas, non do vixente.
VARIACIÓN SEMANAL
A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 1,49; o que quere dicir que na última semana houbo un 49% máis de positivos que na penúltima.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Hoxe só atopamos a Pas de Reis.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que Santiago de Compostela é a urbe que máis está a empeorar, cunha razón de taxas de 1,87.
Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos nin soben nin baixan desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, hoxe non atopamos concellos con ese valor, con Oia e Chantada como os máis próximos a este nivel.
VARIACIÓN DIARIA
Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.
Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte:
- Santiago de Compostela +283
- A Coruña +275
- Vigo +237
- Lugo +171
- Ourense +171
- Boiro +100
- Ribeira +98
- Ames +90
- Pontevedra +67
- Noia +58
- Ferrol +54
- Culleredo +47
- A Pobra do Caramiñasl +46
- Teo +44
- Vilagarcía de Arousa +42
- Carballo +41
- Narón +40
- Arteixo +39
- Oleiros +39
- A Estrada +38
- Ordes +35
- Porto do Son +35
- Lalín +30
- Laracha +29
- Muros +28
- Cambre +27
- O Porriño +26
- Betanzos +25
- Monforte de Lemos +25
- Sarria +25
- O Barco de Valdeorras +23
- Vilanova de Arousa +22
- Viveiro +21
- Moaña +21
- Negreira +20
- Marín +20
- Cambados +19
- Rianxo +18
- Rois +18
- Burela +18
- Tui +18
- Santa Comba +17
- Ribadavia +16
- Cangas +16
- O Grove +16
- Redondela +16
- Amoeiro +15
- O Carballiño +15
- Gondomar +15
- Bande +14
- Caldas de Reis +14
- Salceda de Caselas +14
- Padrón +13
- As Pontes de García Rodríguez +13
- Fene +12
- Ribadeo +12
- Ponteareas +12
- Miño +11
- Oroso +11
- Ponteceso +11
- Cariño +11
- Nigrán +11
- O Rosal +11
- Tomiño +11
- Melide +10
- Vedra +10
- Celanova +10
- Xinzo de Limia +10
- A Rúa +10
- Viana do Bolo +10
Relación de concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe respecto a ese total onte:
- Malpica de Bergantiños -3
- Oia -3
- Salvaterra do Miño -3
- Xunqueira de Espadanedo -2
- As Neves -2
- Mugardos -1
- Taboada -1
- Melón -1
- Cuntis -1
TODOS Os MUNICIPIOS
A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA
A sexta onda da pandemia da covid-19 en Galicia segue en ascenso. Así, Sanidade notifica este xoves un novo récord con 36.909 casos activos da enfermidade, tras unha subida de 4.802 nun día.
Esta escalada se replica en todas as áreas sanitarias, sen excepcións. A que máis casos activos acumula segue sendo a de Vigo, con 9.345 (+651), seguida da de Santiago con 6.738 (+1.431).
Así mesmo, a da Coruña contabiliza 6.638 casos activos (+894) e séguelle a de Pontevedra con 4.993 (+486). A de Ourense ten 3.905 (+498); a de Lugo, 3.149 (+551); e a de Ferrol, 2.141 (+291).
POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA
Se se observan as hospitalizacións, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabilizaba este mércores ás 18,00 horas, un total de 321 pacientes covid ingresados, oito máis que o día anterior. De todos eles, 271 están en planta (nove máis) e 50 en unidades de coidados intensivos (un menos).
A carga asistencial increméntase en catro das sete áreas. Pontevedra, rexistra 38 hospitalizados en planta (un máis) e 10 en coidados intensivos (sen cambios); a área de Santiago conta con 39 ingresados en unidades convencionais (cinco máis) e catro en UCI (un menos). Tamén aumenta no distrito sanitario de Ourense, onde hai 44 pacientes en planta (seis máis) e sete en UCI (sen cambios) e no de Lugo, onde son 15 os hospitalizados en unidades convencionais (tres máis) e cinco en críticos (sen cambios).
Doutra banda, a presión hospitalaria baixa en dúas das sete áreas sanitarias. Na de Vigo, hai 66 pacientes en planta (cinco menos) e 14 en UCI (sen cambios); mentres que a de Ferrol mantense con dous ingresados en críticos pero conta cun menos en unidades convencionais, 12.
A área da Coruña, pola súa banda, non rexistra cambios e mantén a 57 pacientes en unidades convencionais (sete máis) e oito en UCI (dúas máis);
Escribe o teu comentario