Detido un veciño do Pino acusado de catro delitos de incendio forestal
Ao investigado achácanlle lumes declarados os días 25 de xullo, 5, 8 e 13 de agosto
A Garda Civil do Posto de Arca en colaboración co Servizo de Protección da Natureza detivo a un home, veciño do Pino, como presunto autor de catro delitos de incendio forestal.
Segundo explican nun comunciado, as accións desenvolvéronse a raíz do incendio ocorrido o pasado día 25 de xullo no lugar de Samil - Castrofeito - O Pino.
No transcurso da investigación producíronse outros tres incendios os días 5, 8 e 13 de agosto, supondo o do día 5 un grave risco para as persoas e os bens ao localizar nas proximidades de vivendas habitadas.
Tras a análise exhaustiva da información solicitada, os gardas civís actuantes lograron a identificación do presunto autor do ilícito. Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor de catro delitos de incendio forestal.
O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Arzúa.
Escribe o teu comentario