Non faltará o polbo no San Froilán: o Concello adxudica as tres casetas

O Concello de Lugo resolveu o concurso tras a recepción de cinco ofertas, unha máis que en anos anteriores.


|

Archivo - Publicado el plan de gestión del pulpo en Galicia para la campaña 2025-2026
Foto: EP

 

A mesa de contratación do Concello de Lugo adxudicou este xoves as casetas e caldeiros do polbo para as festas de San Froilán, tras a recepción de cinco ofertas, unha máis que en anos anteriores.
 


Nesta edición, a caseta e o caldeiro número 1 recibiron dúas propostas distintas. A primeira foi de Aurora do Carballiño, que ofertou 18.000 euros pola caseta e 12.000 polo caldeiro; a segunda correspondeu a José Pazo Varanda, con cantidades de 12.000 e 7.500 euros, respectivamente. Para a caseta número 2, Xuncos S.A. presentou unha oferta de 10.707 euros pola caseta e 6.740 polo caldeiro, mentres que a pulpería Nadela propuxo 9.001 e 5.701 euros. A caseta número 3 só recibiu unha proposta, realizada pola empresa Octopus Galician Chef, que valorou a concesión en 9.118,97 euros para a caseta e 6.018,83 euros para o caldeiro.

Por tanto, foron adxudicas a Aurora do Carballiño a primeira e a Xuncos S.A. a segunda, empresa do coñecido empresario Ramiro. A terceira foi para o único postulante, un empresario que consegue o concurso por primeira vez. Quedou fose unha das empresas habituais, Nadela.
 


Esta aprobación queda pendente da adxudicación definitiva en Xunta de Goberno Local en función da oferta máis alta, salvo renuncia dalgún dos adxudicatarios.

O Concello lembrou que as casetas estarán abertas do 26 de setembro ao 2 de novembro e que os prezos de venda ao público mantéñense como en edicións anteriores, segundo o establecido no prego aprobado pola Comisión de Festas: a ración de polbo de 250 gramos custará 15 euros; o acompañamento de 200 gramos de pan ou cachelos, 1,50 euros; e a botella de viño de tres cuartos de litro, 6 euros.

Este ano, o Concello optou por limitar a concesión a tres casetas e tres caldeiros, despois de comprobar que nos últimos anos un deles quedaba vacante. Desta forma, o espazo que ocupaba destinouse a atraccións infantís.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE