Sergas

Arquivada a denuncia da CIG polas irregularidades no transporte do CHUAC

Tratábase da segunda denuncia interposta pola plataforma pola xestión do transporte sanitario non urxente.

Denuncian que o Sergas lles nega os informes médicos a pacientes que solicitan a alta voluntaria

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia presenta unha queixa formal ao Valedor do Pobo.

O colapso sanitario chega aos principais centros hospitalarios galegos

Asociacións de pacientes e profesionais do CHUS e o CHUAC denuncian a falta de camas, contradicindo a versión da dirección dos centros.

Denuncian que o propio Sergas envía a médicos a operar a centros privados

ASMIG critica "unha flexibilidade nunca vista para potenciar centros concertados en detrimento dos públicos".

Máis de 230.000 galegos solicitaron a libre elección de persoal sanitario

As solicitudes para cambiar de médico de familia son as máis utilizadas. 

Médicos interinos cuestionan a legalidade dos futuros traslados do Sergas

Aseguran que un novo decreto galego pode "causar problemas serios de mobilidade e conciliación" aos titulares das prazas, interinos e temporais.

O sistema para pedir cita médica esquécese de anciáns e persoas con discapacidade

O Sergas comprométese a actuar a instancias da valedora do Pobo fronte ás "dificultades" coa locución telefónica automática.

O ‘Movemento Galego dá Saúde Mental’ denuncia a precariedade do Hospital de Calde

Desde a plataforma poñen de manifesto o mal estado das instalacións e o trato do Sergas e a Xunta aos pacientes psiquiátricos. 

O Sergas, obrigado a indemnizar con 20.000 euros a un paciente que perdeu un testículo

O home sufriu a amputación dun dos seus testículos durante unha intervención para ser tratado dunha hernia. 

O xuíz chama a outras 30 testemuñas polos "atrasos" nos tratamentos de hepatite C

Están citados para este mércores e xoves máis cargos do Sergas e varios médicos.

Asmig denuncia ao Sergas pola “discriminación” dos profesionais máis veteranos

A Asociación de Médicos Interinos de Galicia critica ao sindicato CESM-OMEGA por causar esta situación.

A área sanitaria de Vigo castiga os pacientes que piden o cambio de hospital

A valedora investiga unha queixa que denuncia que o Sergas incumpre os tempos máximos de espera nestes casos.

Traballadores do hospital concertado Povisa denuncian no Sergas escaseza de persoal

'Ocuparon' as dependencias administrativas ao non recibir resposta ás súas queixas por parte do ente público.

En Marea esixe melloras sanitarias do Sergas nas Pontes

A vicepresidenta do Parlamento galego, Eva Solla, sinala as pingueiras e os problemas de xestión de baixas e vacacións do Sergas durante  o verán

Aos sindicatos non lles dan as contas coas prazas da OPE do Sergas

Critican que a convocatoria "deixa fóra prazas moi necesarias para ofertar unha sanidade de calidade".

O Sergas distribúe cada día case 10.000 entregas de material aos centros sanitarios

A plataforma loxística fornece a 688 centros de saúde, hospitais, PAC e residencias.

O Sergas insiste no seu relato e nega que exista peche de camas cada verán

O BNG reprochalle á Xunta que "persista en ocultar e negar a realidade".

A CIG critica o "intento de boicot" á folga, que denunciará na Inspección de Traballo

Aseguran que Sanidade mobilizou persoal entre áreas para "cubrir ocos". A consellería cifra o seguimento en menos do 3%.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE