Convocadas as 633 prazas de cinco categorías para o SERGAS
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na súa edición deste martes as resolucións do Sergas polas que se convocan os concursos-oposición para o ingreso nas categorías de celador, enxeñeiro técnico, grupo auxiliar da función pública, grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa.

En total, ofértanse 633 novas prazas, das que 390 corresponden á categoría de celador; 7 á de enxeñeiro técnico, 209 á de grupo auxiliar da función pública, 9 corresponden á categoría de grupo técnico da función administrativa e 18 prazas á de grupo de xestión da función administrativa. Os aspirantes poderán participar neste proceso selectivo ben polo sistema de acceso libre ou ben polo de promoción interna.
As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional. As solicitudes, despois de ser formalizadas electronicamente e asinadas, deberán dirixirse a unha das unidades de validación.
O prazo para presentar as solicitudes é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
Escribe o teu comentario