O IES Valle-Inclán de Pontevedra organiza un taller sobre dietética e nutrición
Os alumnos do centro elaborarán un menú con todas as achegas nutricionais necesarios.

O IES Valle-Inclán de Pontevedra organizará este venres, 26 de xaneiro, ás 17:30 horas unha charla e un taller sobre dietética e nutrición para alumnado de 2º de Bacharelato no que os estudantes elaborarán menú semanal con todas as achegas nutricionais. Esta é a primeira actividade do ano que o IES Valle-Inclán celebra como parte do 'Proxecto YES!' do plan 'Erasmus+' no que participa desde 2016.
Impartida pola especialista e á vez exalumna do centro Beatriz Alfonso Fernández, "a xornada consiste nunha charla sobre a pirámide nutricional, alimentación saudable e saborosa á vez, nutrición e hábitos alimenticios", destaca a organización. Tamén se celebrará un taller práctico no que os alumnos participantes poderán elaborar un menú semanal "con todas as achegas nutricionais necesarios", engade o centro.
Beatriz Alfonso Fernández, traballadora do Hospital Provincial de Pontevedra con experiencia no departamento de dietética e nutrición desde o ano 1992, colabora na posta en marcha do programa informático de dietética en distintos hospitais do Sergas.
Os Bancos de Alimentos tratarán de superar os 22 millóns de quilos doados
Escribe o teu comentario