​Os traballadores temporais da pública denuncian EREs encubertos

Os traballadores temporais da Administración pública en Galicia, incluídos os do SERGAS, volven saír á rúa. Farano este venres, 16 de marzo, en Santiago convocados pola Marcha do Persoal Precario. Reivindican “a defensa dos postos de traballo e a dignidade do emprego nos servizos públicos”.


|

Os traballadores temporais da Administración pública en Galicia, incluídos os do SERGAS, volven saír á rúa. Farano este venres, 16 de marzo, en Santiago convocados pola Marcha do Persoal Precario. Reivindican “a defensa dos postos de traballo e a dignidade do emprego nos servizos públicos”.



Trabajadoresprecariosobradoiro


A terceira mobilización desta Marcha, que reproducirá o formato das convocatorias dos dous anos anteriores. Os convocantes destacan “o malestar do persoal máis feble das administracións públicas galegas, interinos e temporais que, despois de anos de prestación de servizos en fraude de lei, consideran que as convocatorias anunciadas aos catro ventos de emprego público vulneran os seus dereitos á estabilización e á consolidación”. Para eles estas convocatorias son “EREs encubertos cos que a administración pretende substituír a uns traballadores e traballadoras por outros ou outras máis baratas”.


A Marcha chama a todo o persoal das administracións públicas e a todos os usuarios e usuarias dos servizos públicos a sumarse a esta mobilización, coa que se pretende esixir tamén “a paralización do desmantelamento dos sectores públicos esenciais, que se están deteriorando programadamente para xustificar a súa entrega ás mans privadas”.


Forman parte da Marcha do Persoal precario colectivos do SERGAS, traballadoras dos centros de coidados da Consellería de Política Social, persoal das bibliotecas públicas ou dos medios públicos de comunicación CRTVG e RTVE, persoal de Ensino, traballadoras de Correos ou do Concello de Santiago de Compostela, colectivos como a Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública A Coruña, SOS Meixoeiro e outros, co explìcito apoio dos sindicatos alternativos con presenza no Sergas e na Xunta de Galicia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE