Usuarios da residencia As Gándaras mobilízanse para reclamar unha "maior comunicación" coa Xunta
A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización
A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización dos usuarios da residencia de As Gándaras que seguen reclamando unha "maior comunicación" coa Xunta ante as obras de remodelación do edificio.
Tal e como trasladou o Bloque nunha nota de prensa, López afirmou que a acción da formación no Parlamento conseguiu que se aprobase unha proposición para instar á Xunta a abrir un espazo de diálogo cos usuarios para escoitar as súas opinións.
As obras previstas no centro van supor uns cambios que, segundo os usuarios, "minguan o seu dereito á intimidade e á privacidade", especialmente o das persoas que comparten habitación, que son a maioría.
Apunta o BNG que As Gándaras ten 218 prazas, das que 160 corresponden con habitacións dobres. Así, o proxecto de obra da Xunta "non prevé construír máis habitacións individuais", senón que as actuacións van encamiñadas a reorganizar os espazos, "reducindo o espazo actual e deixando as camas separadas por unha mesilla de noite".
Escribe o teu comentario