​“Éxito” da campaña polas 35 horas no SERGAS

A gran maioría dos médicos interinos e temporais do Sergas apoiaron coa súa firma a campaña lanzada reivindicando a xornada semanal de 35 horas, segundo informa ASMIG nun comunicado. A campaña conseguiu reunir 735 firmas.



|

A gran maioría dos médicos interinos e temporais do Sergas apoiaron coa súa firma a campaña lanzada reivindicando a xornada semanal de 35 horas, segundo informa ASMIG nun comunicado. A campaña conseguiu reunir 735 firmas.


Esta reivindicación foi unha das principais propostas que se viñeron reclamando á sanidade pública, para que os seus traballadores poidan harmonizar con máis facilidade a vida laboral e a familiar. “A resistencia do Sergas para asumir esta estendida demanda laboral non fai senón outra cousa que agravar a sobrecarga laboral do persoal sanitario dependente da Xunta de Galicia e afástanos dos necesarios niveis demandados de conciliación”, denuncia a Asociación.


A campaña foi un “éxito”, a pesar de “as enormes dificultades e trabas existentes para facer chegar por correo interno a mesma a todos os profesionais”, xa que o Sergas impide por medio de filtros a transferencia de datos e correos entre diferentes áreas sanitarias.



MedicosSergas


A aprobación desta medida supoñería que a totalidade de médicos e enfermeiros do Sergas quedarían exentos de realizar gardas de fin de semana o que. A Asociación opina que o actual sistema existente para “completar horas” non é senón unha escusa do Sergas para aforrarse a contratación de persoal específico de urxencias extrahospitalarias, que debería encargarse da atención deste tipo de servizos (PAC) de forma exclusiva.


O ministro Montoro falou recentemente da posibilidade inminente de aprobar a xornada de 35 horas en función da aprobación dos Prespuestos Xerais do Estado. ASMIG insta tanto os sindicatos sanitarios de Galicia, como aos Colexios Médicos e ao propio Sergas a “asumir como propia esta xusta reivindicación”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE