​O Sergas recoñece unha peor atención na onda de gripe a pesar de sumar cen reforzos cada día

Un alto cargo di que "a situación dos hospitais é a típica" destas datas, "sen máis incidencias".


|

EnfermeriaurgenciashospitalImaxe de arquivo dunha zona de urxencias saturada.

O Sergas quixo garantir este mércores a disposición dos recursos que sexan necesarios para afrontar o pico da epidemia de gripe, e cifrou nun cento a media de contratacións diarias para reforzar o persoal sanitario.


Así o manifestou, nunha entrevista na Televisión de Galicia, o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, quen afirmou que, "a día de hoxe, a situación dos hospitais públicos galegos é a típica do período invernal, en plena onda do virus da gripe". "Os servizos están a xestionarse cunha alta demanda, sen máis incidencias e vanse resolvendo os casos nos hospitais e os PAC", asegurou.


Aboal, quen apuntou que as altas cifras de frecuentación nos servizos de urxencia foron "altas pero esperables", sinalou que o Sergas reforzou o persoal, tal e como se contempla nos plans de continxencia dos hospitais, "e non porque protesten os sindicatos", e está a habilitar camas "que xa están dispoñibles para ser utilizadas cando sexa preciso".


PEOR ATENCIÓN


Con respecto ás acusacións de falta de previsión, o director xeral afirmou que o Sergas está preparado para afrontar a epidemia "desde outubro". E aínda que Jorge Aboal mantivo que "hai camas suficientes e dispoñibles", tamén admitiu que é "complicado", en plena onda de gripe, manter os estándares de calidade e os protocolos de atención.


En todo caso, garantiu que os enfermos máis graves son atendidos "de forma inmediata", mentres que os menos graves "teñen que esperar un pouco máis".


Finalmente, explicou que non se pode predicir o comportamento desta onda de gripe, e que podería repuntar en próximas semanas, pero matizou que os hospitais públicos galegos están "preparados para atender os pacientes coa mellor calidade e seguridade asistencial".


relacionada Sanidade pediu 41,7 millóns de euros a outras consellerías para pagar materiais
relacionada ​A atención primaria tampouco dá abasto, con todos os PACs de Vigo "masificados"
relacionada Agárdase que a situación de "completa anarquía" nos hospitais dure uns días máis

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE