O'MEGA reprocha ao Sergas que pretenda "aprobar a peor carreira profesional de toda España"

Defende unha "carreira digna" que permita aos facultativos galegos situarse "no mesmo nivel que as doutras comunidades autónomas"

|

O sindicato médico O 'MEGA denunciou este xoves que o Sergas "pretende aprobar a peor carreira profesional de toda España" e asegurou que "pretende facelo coa firma das forzas sindicais".



Sergas


Así o manifestou, nun comunicado de prensa, en relación ás negociacións da carreira profesional para os facultativos de Galicia, no que mostrou o seu "máis absoluta repulsa ante os intentos que se están realizando para, unha vez máis, recortar os dereitos laborais e salariais do colectivo de facultativos da sanidade pública".


Neste sentido, lembra que "Galicia é a única autonomía que non ten pautada a carreira profesional, pendente desde hai unha década" e manifestou que "a apertura da negociación actual é froito dunha convocatoria de folga que propiciou a firma dun preacordo para abrir a Mesa Sectorial".


O 'MEGA defende unha "carreira profesional digna" que permita aos facultativos galegos situarse "no mesmo nivel que as doutras comunidades autónomas". "Visto así, a negociación debería transcorrer de maneira pacífica, pois dado que somos os últimos de España, bastaría o buscar unha carreira profesional dalgunha autonomía e adaptala ás peculiaridades de aquí", expuxo. "Gustaríanos que fose a mellor de todas, pero non quereriamos, nin aceptariamos, que fose a peor", advertiu.


"ESQUECERON O FALADO"


"Os máximos responsables do Sergas, unha vez sen a presión da convocatoria de folga, esqueceron o falado e aos poucos presentáronnos unha carreira profesional que supón un retroceso das nosas expectativas, indo máis aló debido a que supón un recorte nos nosos dereitos laborais e económicos", advirte o sindicato.


Neste sentido, o sindicato denuncia que "estes responsables foron buscando as partes máis prexudiciais para os facultativos en todos os capítulos da negociación, chegando a recoller medidas represivas xa rexeitadas en toda a nación".r a presenza do señor Roda nas nosas futuras negociacións", conclúe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE