Unha avaría provoca que pacientes graves estean nos corredores e que outros reciban dobre dósis de raios
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia problemas no servizo de urxencias, en concreto coas radiografías, que levaron a que o a deterioración alcance “cotas alarmantes”.
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia problemas no servizo de urxencias, en concreto coas radiografías, que levaron a que o a deterioración alcance “cotas alarmantes”.
Eloína Nuñez
UNHA AVARÍA QUE SE REPITE
Segundo o seu relato os equipos de raios do hospital universitario de Santiago permaneceron estragados durante a fin de semana. O luns arranxáronos e novamente onte, mércores, volveron fallar.
“O fallo dos equipos deu lugar a ter que repetir as probas sometendo aos pacientes a novas doses de raios e aumentando a carga de traballo do persoal sanitario” denuncian.
Como exemplo poñen que no día de hoxe ás 15:38 horas 11 pacientes graves estaban no corredor de acceso en cadeiras de rodas e padiolas, mentres nese mesmo momento había 6 sitios libres en observación.
CONSECUENCIAS PARA A SAÚDE
Na súa opinión “a obsolescencia dos equipos e a falta de persoal está a xerar unha situación insustentable de imposible manexo polo persoal sanitaria, que ten graves consecuencias para a saúde dos pacientes”.
Esixen respostas á xerencia do CHUS, que dirixe Eloína Nuñez Feijóo para acabar con “esta situación de malos tratos”. O Sergas non respondeu publicamente a estas acusacións polo de agora.
Escribe o teu comentario