Un médico do SERGAS denuncia ante o xuíz "dilacións" no tratamento da Hepatite C

As declaracións de dous médicos suspéndense pola folga da Xustiza. A xestión do SERGAS do tratamento da Hepatite C sufriu atrasos indebidos e é unha mancha na "exemplar" sanidade española. Este é o sentido da declaración que hoxe fará un dos promotores da causa pola que están imputados varios cargos da Xunta, testemuña que á súa vez é médico do SERGAS.


|

A xestión do SERGAS do tratamento da Hepatite C sufriu atrasos indebidos e é unha mancha na "exemplar" sanidade española. Este é o sentido da declaración que hoxe fará un dos promotores da causa pola que están imputados varios cargos da Xunta, testemuña que á súa vez é médico do SERGAS.


Un das testemuñas chamadas a declarar este xoves no marco da investigación pola subministración de medicamentos da Hepatite C, o médico Evaristo Varo, manifestou que "por suposto que houbo dilacións e moitas máis cousas" nos tratamentos desta patoloxía e afirmou que conta con toda a "documentación" que acredita as súas afirmacións.


Evaristo Varo, médico do CHUS chamado a declarar polo caso da Hepatite C

"Teño toda a documentación do sistema Ianus --sistema interno do Sergas-- e fun o que promovín a denuncia (Batas Brancas) á Fiscalía e por suposto que houbo dilación e moitas cousas máis, que supoño que preguntarán os avogados. E eu vou dicir o que ocorreu, desgraciadamente, aí están os mortos", manifestou tras saír do xulgado.


ATRASOS POLA FOLGA DA XUSTIZA

As declaracións de Varo e da médico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) Alejandra Otero, ambos os citados para este xoves, foron suspendidas este xoves, despois de que xa se atrasaron un día con motivo do conflito da folga na xustiza, que acumula unha ducia de xornadas de paro indefinido.

Con todo, o pasado luns si compareceron no Xulgado de Instrución número 3 familiares de vítimas mortais e enfermos de hepatites C cuxos casos foron incluídos na causa que segue Andrés Lago Louro e na que permanecen como investigados dous altos cargos do Sergas, Félix Rubial e Carolina González-Criado.

Inicialmente, Lago Louro chamou aos membros do Sergas para declarar só como investigados por un delito administrativo, pero en decembro de 2016 a Audiencia Provincial da Coruña emitiu un auto no que estimou parcialmente o recurso da Fiscalía, ao que se adheriu a Asociación Plataforma de Afectados pola Hepatite C, e acordou citalos de novo por un suposto de delito de homicidio en seis dos oito casos que incluía a causa.

Tanto a médico do Chuac, como o xefe da Unidade de Transplante Abdominal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), acudiron na mañá deste mércores para comparecer ante o xuíz, pero dadas as características da declaración pola que ten que ser gravada, foi finalmente suspendida pola folga.

"TEÑO GANAS DE DECLARAR"


"Fixen acto de presenza, como cidadán, teño ganas de declarar", explicou á saída do xulgado Evaristo Varo, quen xa tivera que suspender a súa declaración nunha anterior ocasión debido a que se atopaba presentando un congreso nacional que se celebrase en Santiago de Compostela.

Cando finalmente poida prestar declaración, dixo, contestará as preguntas " dos avogados da Xunta, do Sergas, avogados da plataforma de enfermos e Fiscalía". "Vou contar o que desgraciadamente vivín", apuntou.

Neste sentido, lembrou que leva 40 anos exercendo como médico e "nunca" había pesando que tería que acabar declarando porque "se imputou á administración sanitaria por homicidio imprudente". "É algo que xamais pensei que faría. Estou con febre, con gripe, pero desde logo vou declarar todo o que me pregunten e vou declarar a verdade", aseverou.

"NON DEBE EMBORRONAR A SANIDADE, NIN REPETIRSE"


Preguntado polo ofrecemento do xuíz aos familiares das vítimas e aos enfermos de que se adherisen en calidade de prexudicados á causa, Evaristo Varo animou a facelo, porque "é importante que isto non se volva a repetir, nin por unha pastilla nin por un tratamento".

O médico da plataforma Batas Brancas destacou que España conta cunha "sanidade exemplar, envexada en todo o mundo". "Vivín en moitos países, traballei de médico en diferentes países e desde logo a sanidade que temos aquí é envexable, non a pode emborronar unha cousa como foi a Hepatite C aquí en Galicia. Non pode volver repetirse", defendeu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE