Na conmemoración do Día Mundial contra a Hepatite, a Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C reclamou "xustiza" polo falecemento de nove pacientes que considera "mortes evitables", xa que os tachan de "homicidio" e esperan que "así se catalogue" xudicialmente
En declaracións a Galiciapress, Ciudadanos Galicia reclama ao Partido Popular que explique o motivo do ascenso da subdirectora do SERGAS imputada polo atraso na subministración do tratamento da hepatite C. Carolina González-Criado deixará a Consellería de Sanidade para incoporarse, nun principio, á redacción dun informe no Ministerio de Sanidade; pero a previsión é que acabe asumindo unha subdirección xeral de ámbito estatal, o que supón na práctica un ascenso.
Carolina González pasará de subdirectora xeral de Farmacia do Sergas a subdirectora xeral de Calidade do Medicamento do Ministerio de Sanidade. Un "escándalo" para os enfermos que loitaron durante meses para que o SERGAS sufragase o seu medicamento, tempo durante o cal faleceron varias persoas.
De subdirectora xeral de Farmacia do Sergas a subdirectora xeral de Calidade do Medicamento do Ministerio de Sanidade.
As declaracións de dous médicos suspéndense pola folga da Xustiza. A xestión do SERGAS do tratamento da Hepatite C sufriu atrasos indebidos e é unha mancha na "exemplar" sanidade española. Este é o sentido da declaración que hoxe fará un dos promotores da causa pola que están imputados varios cargos da Xunta, testemuña que á súa vez é médico do SERGAS.
Compareceron tres dos cinco testemuñas citados
En 2015 e 2016 os tratamentos custaron uns 1.600 millóns aínda que este ano só serán necesarios uns 200 xa que o seu prezo baixou.
Actualmente, aínda teñen que comparecer cinco membros da subcomisión que decidía os tratamentos.
Afirman que a subministración de tratamentos seguiu unicamente criterios médicos e non económicos como defende a plataforma de afectados.
A Plataforma Galega de Afectados por esta enfermidade denuncia que Galicia está á cola de España en asistencia a enfermos reclusos.
O xerente do Sergas mantén a súa confianza nos investigados tras unha declaración "contundente" | A plataforma de afectados di que incorren en contradicións e lamenta que a Xunta os manteña nos seus cargos.
Dos 654 reclusos de Galicia afectados por esta enfermidade, o número de pacientes tratados "apenas excede a decena en máis dun ano".
Reclama que o prezo dos medicamentos tamén se fixe en función do "valor terapéutico engadido".