Afectados pola Hepatite C tachan de "afronta" o ascenso do cargo do SERGAS imputado

Carolina González pasará de subdirectora xeral de Farmacia do Sergas a subdirectora xeral de Calidade do Medicamento do Ministerio de Sanidade. Un "escándalo" para os enfermos que loitaron durante meses para que o SERGAS sufragase o seu medicamento, tempo durante o cal faleceron varias persoas. 


|

Carolina González pasará de subdirectora xeral de Farmacia do Sergas a subdirectora xeral de Calidade do Medicamento do Ministerio de Sanidade. Un "escándalo" para os enfermos que loitaron durante meses para que o SERGAS sufragase o seu medicamento, tempo durante o cal faleceron varias persoas. 


Carolina González pasará de subdirectora xeral de Farmacia do Sergas a subdirectora xeral de Calidade do Medicamento do Ministerio de Sanidade. Un "escándalo" para os enfermos que loitaron durante meses para que o SERGAS sufragase o seu medicamento, tempo durante o cal faleceron varias persoas. 



Hepatitisgaliciapress


A Plataforma de Afectados pola Hepatite C considera "unha afronta ás vítimas" que a ata agora subdirectora xeral de Farmacia do Sergas, Carolina González-Criado, investigada por homicidio imprudente, "non só non sexa cesada, senón que se vexa promovida a un cargo institucional de máis alto rango".


A través dun comunicado de prensa, a plataforma lembra que González-Criado "leva dous anos imputada por delitos de prevaricación e seis casos de homicidio por imprudencia profesional grave", xunto co entón director xeral de Asistencia Sanitaria e actual xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial.


Por iso, os afectados consideran "de enorme gravidade" o feito de que "estes dous investigados pola comisión de graves delitos no exercicio dos seus cargos" no procedemento que instrúe o titular do Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago, Andrés Lago Louro, "non só non sexan cesados, senón que sexan promovidos a cargos de maior responsabilidade".


A plataforma apunta a posibilidade de que a subdirectora de Farmacia do Sergas "vai ser promovida a unha Subdirección Xeral no Ministerio de Sanidade" e, segundo a información de que dispoñen, supostamente substituirá ao "subdirector xeral de Calidade do Medicamento", o galego Carlos Lens.


Fontes da Xunta confirmaron a Europa Press que Carolina González-criado deixa a Administración autonómica para asumir un novo labor no Ministerio de Sanidade, por mor dunha oferta do departamento de Dolors Monserrat para participar nun estudo relacionado coa área farmacéutica, polo que esta solicitou o cesamento a petición propia.


"PROVOCACIÓN"

Deste xeito, o expresidente da plataforma e membro da Xunta Directiva, Quique Costas, manifestou nun comunicado que "o mero feito de que se estea contemplando ese nomeamento non pode ser vivido" polas vítimas máis que "como unha provocación, un pago polos servizos prestados".


"Para nós trátase dun escándalo de grandes magnitudes", abundou Quique Costas. Mentres, a presidenta da plataforma, Elena Rivas, expresou a súa "indignación" por un posible nomeamento que supón, ao seu xuízo, "unha afronta ás vítimas e ás súas familias" que "ven impotentes como a presunta responsable desas mortes é premiada por iso", engade. "Desde logo o que demostra é unha inconcibible falta de sensibilidade por parte do Ministerio", apostila.


Por mor diso, a plataforma anunciou que se vai a poñer en contacto cos grupos parlamentarios de oposición, tanto no Parlamento galego como no Congreso dos Deputados "para que adopten iniciativas en ambas as cámaras esixindo explicacións por este nomeamento e que tenten frealo".

relacionada Ascenso para o cargo do SERGAS imputada na causa da hepatite

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE