Ascenso para o cargo do SERGAS imputada na causa da hepatite

De subdirectora xeral de Farmacia do Sergas a subdirectora xeral de Calidade do Medicamento do Ministerio de Sanidade.


|

A ata agora subdirectora xeral de Farmacia do Sergas, Carolina González-Criado, investigada por homicidio imprudente na causa da Hepatite C, deixa a Administración autonómica para asumir un novo labor no Ministerio de Sanidade, por mor dunha oferta do departamento de Dolors Monserrat.



HepatitisCcargosinvestigados

Os cargos da Xunta saen de declarar do xulgado


Segundo confirmaron fontes da Xunta a Europa Press, o Ministerio de Sanidade solicitou a incorporación de Carolina González-Criado, que é funcionaria, para participar nun estudo relacionado coa área farmacéutica, polo que esta solicitou o cesamento "a petición propia".


As mesmas fontes puntualizaron que non está previsto que se incorpore ata principios de abril ao seu novo labor, para participar nun estudo relacionado coa área farmacéutica, a petición do Ministerio de Sanidade.


O diario.es avanzou a fichaxe por parte do Ministerio de González-Criado, imputada por homicidio imprudente por atrasar fármacos da hepatite C "con razóns orzamentarias" a seis pacientes que acabaron morrendo, polo que deixa o Goberno galego para incorporarse ao Ministerio que dirixe Dolors Montserrat. Segundo o citado medio, a subdirectora non só fará un estudo, senón que será subdirectora a nivel estatal, na Subdirección General de Calidad del Medicamento. A Xunta defende en todo momento que actuou correctamente e por tanto a inocencia dos seus altos cargos imputados pola Xustiza.


INVESTIGACIÓN

Ademais de González-Criado, está investigado o xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, entón director de Asistencia Sanitaria, no procedemento aberto pola subministración dos tratamentos aos enfermos afectados por Hepatis C por un suposto delito de homicidio en seis dos oito casos que inclúe a causa.


A investigación aberta do Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago trata de aclarar se houbo un atraso ilícito na avaliación de pacientes con Hepatites C, necesaria para que puidesen recibir os tratamentos.


O xuíz decidiu investigalos por prevaricación, aínda que a Fiscalía atribuíalles tamén un suposto delito de "homicidio por imprudencia profesional grave" ao atrasar a administración dos fármacos "por razóns orzamentarias", situación que estimou a Audiencia Provincial da Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE