Testemuñas subscriben a versión do Sergas no caso polos tratamentos da Hepatite C

Afirman que a subministración de tratamentos seguiu unicamente criterios médicos e non económicos como defende a plataforma de afectados. 


|


HepatitisCcargosinvestigados

As testemuñas que este mércores compareceron en sede xudicial en relación á investigación contra dous cargos do Sergas pola administración de tratamentos para a hepatite C, adheríronse á versión do servizo sanitario galego, cuxa actuación afirmaron que foi "correcta", e aseguraron que os tratamentos se dispensaron baseándose en "criterios médicos".


Un membro da subcomisión de farmacia que abordaba a subministración dos tratamentos e os xestores que ocupaban, respectivamente, a dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAN) acudiron este mércores para declarar como testemuñas ante o xuíz Andrés Lago en relación a este caso, no que están investigados Félix Rubial e Carolina González-Criado.


Segundo indicou o director xeral da Asesoría Xurídica da Xunta, Manuel Pillado, as testemuñas "foron tallantes" en soster que "só se tiveron en conta criterios médicos" á hora de conceder estes tratamentos e que "en ningún caso se restrinxiron por razóns orzamentarias ou doutro tipo".


O presidente da Plataforma de Afectados pola Hepatite C, Quique Costas, pola súa banda, considerou que as declaracións estiveron "orientadas polo Sergas", un servizo cuxa actuación defenderon como "correcta", e criticou que se perdeu a oportunidade de "verter luz" sobre este caso.

relacionada O xuíz pide ao Sergas que identifique outros cargos vinculados cos tratamentos da hepatite C
relacionada Ruibal nega dilación na administración de fármacos da hepatite C por motivos económicos
relacionada Os dous altos cargos do Sergas terán que declarar por homicidio imprudente no caso da Hepatite C

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE