Dos 260 reclusos con Hepatite C en Galicia, só 18 reciben tratamento

|

Carcelpenitenciarioprisionpresos


Representantes da Plataforma Galega de Afectados por Hepatite C acaban de participar en Madrid na reunión constitutiva da Comisión de Seguimento do Plan Estratéxico para a Abordaxe da Hepatite C, onde se tratou o grao de execución deste programa e analizáronse cuestións aínda pendentes.


Entre os aspectos aínda por mellorar está a asistencia a enfermos reclusos, un apartado no que Galicia presenta os "peores datos" a nivel estatal, segundo indicou o presidente da Plataforma, Quique Costas.


En declaracións a Europa Press, Costas sinalou que durante o encontro abordouse "unha das grandes preocupacións" na dispensación de tratamentos contra a hepatite C, o caso dos reclusos.


"Constatouse que a Comunidade de Galicia é na que isto é particularmente peor", dixo Quique Costas. En concreto, segundo datos de Ministerio, en Galicia tratáronse entre 2015 e 2016 un total de seis reclusos e en xaneiro deste ano estaban a ser sometidos a tratamento outros 12, oito do penal de Teixeiro e catro da Lama.


Isto supón que, dunha poboación recluída de afectados por Hepatite C que se estima en unhas 260 persoas, "recibiron tratamento 18", o que sitúa a Galicia "á cola de todas as comunidades do Estado".


IMPLANTACIÓN "DESIGUAL"


Do mesmo xeito, os participantes no encontro analizaron o grao de implantación do Plan Estratéxico de Abordaxe da Hepatite C, co que constataron que o "ritmo de implantación" está a ser "desigual" entre as comunidades.


Quique Costas explicou que durante a reunión non se explicitou a que comunidades pertencían os datos (identificadas só por números), polo que, en aras da "transparencia", as asociacións reclamaron que "se autorice a difusión dos datos" de cada comunidade para saber "como está a cumprir cada unha".


O ministerio aclarou tamén que xa está o borrador da reforma do plan estratéxico que ampliará os tratamentos a máis pacientes, unha cuestión que está "pendente do informe do comité de ética" e que a plataforma confía en que se poña en marcha "case de inmediato".


"Temos unha moderada decepción porque esperabamos que houbese un anuncio máis en firme", dixo Quique Costas, aínda que apostilou que espera que o anuncio "sexa noticia en breve".


Este órgano de control de seguimento do plan quedou constituído e reunirase con periodicidade trimestral. Así mesmo, poñeranse en marcha grupos de traballo para facer recomendacións en cuestións particulares.

relacionada Ruibal nega dilación na administración de fármacos da hepatite C por motivos económicos
relacionada O tratamento da hepatite C chegará este ano aos pacientes leves
relacionada Os reclusos en Galicia sofren "impedimentos" para acceder a fármacos da hepatite C

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress