​Profesionais non europeos para o SERGAS a pesar da emigración dos galegos

A proposta do PPdeG para permitir a contratación de médicos procedentes de fóra da UE contrasta coa importante emigración de mozos profesionais sanitarios galegos a países como o Reino Unido.


|

Na actualidade, para traballar no SERGAS ou na maioría das Administracións, como así se recolle nas convocatorias das Ofertas Públicas de Emprego, é requisito de acceso ser do Estado español ou de calquera dos estados membros da UE. Na Sanidade pública galega isto podo cambiar pronto.



Sergasmanifa


O PPdeG presentou no Proxecto de Lei polo que se modifica a Lei de Saúde unha proposta coa intención de permitir a entrada no sistema público de médicos e médicas alleos ao espazo europeo. Unha proposta curiosa neste momento, dado que Galicia exporta persoal sanitario, por exemplo moitas enfermeiras ao Reino Unido, debido á boa formación universitaria e ás precarias condicións do sector. Como ten maioría absoluta, probablemente sairá adiante.


O plan dos conservadores desatou o nerviosismo entre os sindicatos sanitarios. Por exemplo, a secretaria nacional da CIG Saúde, María Xosé Abuín, asegura que “non cuestionamos a súa formación, nin a súa competencia profesional. O que si advertimos é que o PP, deste xeito, en lugar de garantir condicións dignas para as/os médicas/os do SERGAS, independentemente da súa nacionalidade, pretende contar cunha bolsa de profesionais como man de obra barata no sistema sanitario”.


A central entende que con esta matización o PP “está a recoñecer que o persoal actual do sistema sanitario público é insuficiente e que é necesario abordar esta situación”, di Abuín, quen engade que “desde a CIG-Saúde defendemos o dereito ao traballo de todas as persoas, independentemente de onde nazan, mais queremos denunciar a hipocrisía do PP porque non busca persoal en condicións dignas, senón institucionalizar esas formas de contratación precarias pensando que o persoal que vén de fóra da UE está máis en disposición de aceptalas. Un abuso en toda regra”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE