Os profesionais médicos esixen polo menos "10 minutos por paciente" e a dimisión do conselleiro de sanida, Vázquez Almuiña. A protesta saíu, baixo unha intensa choiva, desde o edificio de la Xunta en San Caetano, e chegou ás instalacións do SERGAS en San Lázaro, un percorrido no que corearon consignas como 'Primeiro persoal e despois material' ou 'Feijóo, escoita, Primaria está en loita'.
A Asemblea de Áreas Santiarias de facultativos de Atención Primaria expoñerá publicamente as súas reivindicacións esta mesma tarde mediante unha rolda de prensa no Centro Sociocultural de Fontiñas na capital galega no marco da convocatoria de folga que se celebrará este 19 de xuño.
Con todo, a práctica totalidade de sindicatos e colectivos do serctor seguen considerando que ese número é do todo insuficente para compensar anos de recortes, nos que nin sequera se convocan os postos dos funcionarios que se xubilaban."A eventualidade na enfermería galega non é algo puntual", conclúe o informe.
O TSXG sinala que, se o resultado dañoso é “anormal ou inusualmente grave en relación cos riscos que comporta a intervención”, como sucede neste caso, “presúmese que a Administración sanitaria non se acomodou aos estándares de actuación esixibles ou non puxo ao dispor do paciente os medios e coñecementos da ciencia e da técnica”. A doutrina do dano desproporcionado, segundo destacan os maxistrados, non se aplica cando o resultado preséntase como unha opción posible, cando constitúe un risco propio da intervención nunha porcentaxe considerable e cando existe actividade probatoria que chega a convencer ao órgano xudicial respecto a como se produciu ese resultado.
Membros do colectivo foron obrigados pola seguridade do Parlamento para tapar os logos das camisetas reivindicativas que levaban para poder presenciar o debate celebrado esta mañá na cámara.
O plan de la Xunta para paliar a crise nos centros de saúde non serviu para desactivar as mobilizacións en Atención Primaria e finalmente haberá folga este mes, a pesar de que os grandes sindicatos mantéñense á marxe da convocatoria por agora.
Por iso reclama á Xerencia do Sergas en Santiago que tome cartas no asunto antes de que se produza unha desgraza maior pois "as humidades e filtracións son unha constante".
A resposta do Goberno Galego para paliar a crise laboral no SERGAS plásmase hoxe no DOG. A Consellería de Sanidade publica as bases de concúrsoos-oposicións para o ingreso nas categorías de médico de familia, pediatra de atención primaria, odontólogo de atención primaria e técnico en coidados auxiliares de enfermería.
A pesar dos continuos problemas en Atención Primaria, provocados en boa medida polo elevado número de eventuais, o mandatario galego enarbora o seu "compromiso persoal" tras lembrarlle a oposición que unha enfermeira do SERGAS chegou a encadear 810 contratos temporalesPese aos continuos problemas en Atención Primaria, provocados en boa medida polo elevado número de eventuais, o mandatario galego enarbora o seu "compromiso persoal" tras lembrarlle a oposición que unha enfermeira do SERGAS chegou a encadear 810 contratos temporais