Dimite o coordinador de Atención Primaria de Pontevedra

O Sergas acepta a súa renuncia, "por motivos de índoles persoal", que será efectiva "nun breve prazo de tempo"

|


O coordinador da xestión da Atención Primaria da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o doutor José Andrés Seco Otero, presentou a súa dimisión por "motivos persoais", polo que foi aceptada polo Sergas, que lle agradece os "servizos directivos e de coordinación prestados".


Hospital Montecelo



A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (EOXI) subliñou, nun comunicado de prensa, que "avala e agradece os servizos prestados" polo doutor Seco en tarefas de dirección e coordinación de Atención Primaria da área sanitaria


O doutor José Andrés Seco Otero, que é funcionario de carreira coa categoría de inspector médico e destino en Vigo, "conta cunha dilatada experiencia profesional no ámbito sanitario público galego", incidiron as mesmas fontes, no que "desenvolveu durante as últimas décadas distintos postos de responsabilidade e coordinación na estrutura directiva da rede autonómica do Sergas", todos relacionados coa "xestión de recursos sanitarios", concretaron.

A xerencia sanitaria desta área recoñece "o seu traballo, compromiso e dedicación" e confirmou que acepta a decisión "por motivos de índole persoal", que "será efectiva administrativamente no Servizo Galego de Saúde nun breve prazo de tempo".

CONVOCATORIA PÚBLICA
Mentres, co obxectivo de "dar continuidade" á actual coordinación da xestión da Atención Primaria da área sanitaria, a EOXI de Pontevedra e O Salnés asumirá esas "funcións organizativas".

Ao mesmo tempo, destacou que abre "un período administrativo regrado" para efectuar unha "nova convocatoria pública deste posto de responsabilidade asistencial", apostilou a xerencia sanitaria desta área sanitaria.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE