É a solución o Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia?

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

O pasado 13 de xuño, tivemos a 3ª reunión do Consello Técnico de AP de Galicia. A valoración que facemos da mesma é que tivo luces e sombras.


Cousas positivas foron que as comisións previstas constituiranse en 10 días e estarán en funcionamento na primeira quincena de xullo, onde teremos a 4ª reunión do Plenario de o  CT e presentaranse as Comisións e  comezarán a funcionar ese día.   

          

Conseguimos que nos dixesen desde o SERGAS (e que non estivemos de acordo)  quen será o Presidente do CT (o Xerente do SERGAS) o Vicepresidente (Aboal) e o/a Secretario/a (alguén tamén do SERGAS…).

           

Luces tamén no número e funcionalidade das Comisións (serán 14): teremos unha por cada categoría de traballadores/as nos Centros de Saúde e PACs e unha Multidisciplinar onde esteamos representados todos. Nesta, describirase a Carteira de Servizos de cada categoría e elaborarase o Novo Modelo de Atención Primaria. Teremos outra Comisión para  avaliar a Coordinación entre Atención Primaria e Atención Especializada. Outra para realizar a desburocratización das consultas (IT, informes, certificados, etc.). Outra para valorar como realizar o Triaxe das persoas que acoden na sobredemanda de cada profesional. Outra comisión sectorial para a potenciación de actividades de promoción e prevención, así como de intervención comunitaria. Outra comisión sectorial sobre análise demográfica e avaliación de necesidades asistenciais. Outra para valorar a prescrición eficiente de medicamentos e probas diagnósticas e recomendacións de “non facer”.


Estas comisións, de 10 membros, máis ou menos, poderán incorporar expertos/as na materia de que se trate, terán un prazo de realización de traballos establecido previamente e darán as conclusións non máis aló de 3 meses. Calculamos que no mes de outubro teremos un Novo Modelo de Atención Primaria en Galicia, acordado por todos os estamentos da AP.

            

Pero tamén temos cousas coas que non estamos de acordo: solicitamos desde a primeira reunión do CT un censo de traballadores/as do SERGAS por categorías (...e pedímolo varias veces) e non se nos dá.  Sen este censo non podemos saber os/as profesionais que fan falta en cada estamento de traballo nos Centros de Saúde, algo importantísimo para poder definir as prazas que se necesitan en cada categoría.

            

A administración considera que unha das medidas para quitar burocracia os/as médicos/as é a posibilidade de que desde os Centros Concertados podan emitirse receitas a cargo do Sergas, algo co que estamos radicalmente en contra, pois será a porta de entrada das entidades privadas á medicalización... á conta do SERGAS e de todos/as nós/as.

            

Si consideramos que a falta de  substitutos/as nas diferentes categorías é a causa fundamental de  case  todos os males da AP, o contrato de substitución que oferta a administración (e que o Grupo de Precarias pola mellora da AP considera de “escravitude”), ten que cambiar. Ofertar algo digno, que dea estabilidade, que faga que regresen todos os/as profesionais que se marcharon do sistema e un salario acorde co esforzo feito durante moitos anos para poder exercer con profesionalidade un posto de traballo digno na administración sanitaria.

            

Resolver o problema de os  PACs, que levan en folga permanente máis dun ano, é prioritario. Desde o CT fixemos fincapé en buscar solución ao conflito e solidarizámonos don as súas demandas e coa concentración que se fixo diante da consellería para reivindicar as súas medidas de mellora.

           

Non estamos de acordo coa previsión que fai o Sergas para evitar a sobredemanda de persoas nos C. de S. (persoas que non piden cita e queren ser atendidos/as). Falan de que primeiro sexa o PSX o que o determine, e logo pase a enfermería para definir quen atende a esa persoa (e se debe ser atendida ese día). Non sabemos se o sistema é operativo ou non, pero teremos, na comisión correspondente, que  resolvelo de forma eficiente.

            

O Sergas fala de que a Atención Primaria terá unha Dirección independente da de Hospitalaria, pero non o concreta. Fala dunha persoa, e nós consideramos que ten que ser un equipo, con orzamento propio e diferenciado da Hospitalaria, con capacidade de autogestión e que poida chegar ata o 25% do orzamento total nos próximos anos.

            

Cando á administración éncheselle a boca dicindo que quere máis prazas MIR, dicímoslle que primeiro ten que ter as Unidades Docentes para poder formalos: pedir está ben, pero ter a capacidade de atendelos/as tamén.

           

A administración vén de dedicar 21 millóns de euros en mobiliario, computadores e impresoras...nós dicímoslle que pedimos persoas, non tanto material (que tamén…), pero si aparecen 21 millóns de euros para isto: non é prioritario atender as demandas de diferentes colectivos que levan demandando solucións desde hai moitos meses?

           

Tamén lle  dicimos á administración que faltan categorías  importantísimas nos Centros de  Saúde: os/as Psicólogos/as,  Logopedas,  Fisioterapeutas, Terapeutas Ocupacionais,  geriatras, etc. Débese ter en conta a  estes colectivos pois, á parte de facer o seu traballo de forma eficiente, quitarían carga de traballo a outros/as profesionais (e a longo prazo aforrarían custos o sistema).

            

O que están a facer os colectivos que estamos no CT é unha negociación co SERGAS, e por suposto non está  rifado  coas medidas de presión que se  poidan realizar, neste momento e no futuro. Se consideramos que as iniciativas da administración non satisfán o que estamos a expoñer, que consideramos de xustiza e moitas delas de fácil realización, teremos que considerar facer as mobilizacións contundentes que consideremos oportunas.

            

Evidentemente, todo o exposto non é posible se a administración non pon un orzamento idóneo e que dea resposta ao que se pretende facer, que é un Novo Modelo de AP en Galicia.

           

Despois da desconvocatoria de folga do 8 de abril, por parte do Comité de Folga (que considerou que a administración cumpriu no momento ao falar dos 5 puntos que os considerabamos irrenunciables) estamos no momento da negociación. Se pensamos en como estabamos hai 6 meses e en como estamos agora, consideramos que se están dando pasos en positivo coas luces e sombras que relato neste artigo. O tempo dará e quitará as razóns a todos/as nós. E os/as asegurados/as do Sistema Sanitario Público Gallego estarán mellor atendidos do que o están agora.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE