Resultados eleccións galegas por municipios: o BNG gaña en Vigo e supera ao PSOE no resto de cidades
O desglose xeográfico dos resultados das votacións ao Parlamento de Galicia confirma varias tendencias. Por exemplo, que o votante urbano galego de esquerdas é infiel e que muda facilmente de papeleta en función de que partido perciba leva as de gañar no seu espectro ideolóxico. Algo que explica en gran medida os excepcionais resultados do Bloque de Ana Pontón, alimentados por un transvasamento de voto urbano, en particular vigués, desde o PSOE ao nacionalismo. Algo que sen dúbida sementará o nerviosismo nas alcaldías da Coruña, Vigo e Lugo, que agora mesmo detantan os socialistas.
O Partido Poular de Galicia gañou as eleccións na práctica totalidade dos municipios de Galicia, incluídas todas as cidades salvo Vigo. Na ducia de concellos onde non o conseguiu, que son sobre todo da Ría de Vigo, a Ría de Ferrol e do Suroeste de Ourense e a Montaña de Lugo, quedou segundo. En ningún quedou terceiro.

Por provincias , o PP tamén gañou claramente en todas e, ademais, subindo en votos. Agora ben, o seu progreso en Ourense é notablemente máis discreto que no resto de provincias. Algo que se pode achacar sen dúbida ao impacto de Democracia Ourensá. Aínda que nestes comicios podíase votar alos de Gonzalo Pérez Jácome en toda a provincia, o mapa non deixa lugar a dúbidas, os seus apoios parten sobre todo da cidade e a súa área de influencia. En ningunha outra comarca conseguiu conseguir o terceiro posto.
Hai que ter Ourense é a provincia máis barata para conseguir representación, porque a proporción entre votantes e deputados a elixir é menor. Isto explica en parte o éxito dos de Gonzalo Pérez Jácome, que conseguiron un deputado cuns 15.000 sufraxios.
En termos xerais, pódese dicir que Lugo e Ourense son as provincias máis conservadoras (8 escanos do PP fronte a 6 do resto) e Pontevedra a menos (11 escanos do PP e 11 do resto).
Á espera dos estudos postelectorais, na esquerda, xa se aprecia indicos dun transvasamento de votos do PSOE cara ao Bloque. Destaca o envorco producido na provincia de Pontevedra. Desastre socialista, que perde un 25% dos sufraxios en beneficio dun Bloque, que gana 66.000 votos.
Por municipios , o máis relevante -e sorprendente- é que o BNG se converteu na formación máis votada en Vigo, rompendo coa tradición de ser un feudo do socialista Abel Caballero, quen gobernou a cidade desde 2007. Algo que sen dúbida levantará suspicacias e debates internos nas filas do PSdeG sobre a implicación do edil na campaña.
En Vigo, o Bloque experimentou un crecemento notable, pasando de ser a terceira forza en 2020 a lograr o resultado histórico de ser a formación máis votada. O PP, a pesar de gañar case 10.000 votos adicionais na urbe, sitúase no segundo lugar, e o PSdeG sofre unha diminución do 13%.
En concreto, na cidade máis poboada de Galicia, os de Ana Pontón logran o 37,02% dos votos e superando ao PP por menos de dous puntos.
En que municipios non gañou as eleccións o Partido Popular de Galicia?
O #BNG destacou como a primeira forza en varios municipios da área viguesa, (a urbe e Soutomaior, Redondela, Cangas e Moaña); obtendo a súa mellor porcentaxe en Vilar de Santos (Ourense), con case un 60%. En Allariz, outros dos seus tradicionais feudos volveu a gañar, co 52%. Dúas vitorias tamén para os de Ana Pontón na Ría de Arousa, no fondo da ría, Catoira, e nun dos seus extremos, O Grove.
Na Coruña, segunda cidade en poboación, repítese a orde de 2020, co PP como primeira forza, seguido polo Bloque e o PSdeG. Con todo, o Bloque é o único que aumenta tanto en votos como en porcentaxe de apoio deixando a moitísima distancia ao PSOE, 33% fronte a 14%. Unha porcentaxe preocupante para os da alcaldesa socialista, Inés Rey.
En Lugo , onde goberna o PSOE, os socialistas tamén foi derrotados amplamente polo Bloque. A saída de Lara Médez cara ao Parlamento de Galicia foi castigada polo electorado de esquerdas.
O PP triunfou no 94,2% dos concellos galegos, incluíndo seis do sete grandes cidades. En contraste, o BNG converteuse na primeira forza en 13 municipios, mentres que o #PSdeG-#PSOE logrouno en cinco. Son ademais concellos dos máis despoboados do país: Entrimo, Negueira, Calvos, Pedrafita e Ribeira de Piquín.
Sumar sitúase como a cuarta forza, seguida por Vox na quinta posición en cinco das sete cidades. Destacando que Vox só consegue o cuarto posto en Lugo, mentres que en Ourense ocupa a quinta posición e Sumar o sexto.
Pola súa banda, Pacma supera a Podemos nas sete cidades, mesmo Escanos en Branco obtén unha posición destacada na cidade amurallada.
Escribe o teu comentario