Santiago

A carreira nocturna pola zona histórica inaugura o CorreSan 2017

A VI edición do circuíto ten como lema "Non é unha tolemia, é unha paixón" e estímase que participen 1.000 persoas.

Catro concertos da Real Filharmonía nunha semana en Santiago

As actuacións celébranse en centros socioculturais da cidade e na Praza de Abastos para chegar a novos públicos.

Falece José Antonio Souto Paz, primeiro alcalde de Santiago da democracia

O seu mandato durou do 79 ao 81, cando dimitiu porque o Goberno do seu partido, a UCD, non cumpriu unha promesa electoral.

​Máis de 300 mozos de Santiago participarán nun plan de emprego xuvenil do Concello

O programa inviste una subvención europea para crear itinerarios formativos profesionais e mellorar a empregabilidade. 

O servizo de comedores escolares de Santiago ten xa uns 900 nenos inscritos

O concello destaca que todas as familias que solicitaron praza están admitidas e poderán comezar a partir do día 11.

WOS Festival, "o evento das propostas máis arriscadas"

Máis de 50 propostas compoñen o programa que arrinca este mércores en Santiago enchendo 12 espazos da capital.

Os Cines Compostela pechan de novo case un ano despois da reapertura

Os seus xestores aproveitan a súa mensaxe de despedida para reivindicar o "apoio" ás salas máis pequenas.

Martiño Noriega critica que ao PP só lle interese "o turismo a granel"

Os datos de visitantes son "históricos" en Santiago, pero o alcalde resalta que o debate debe ser o da "calidade" e a desestacionalización.

Actividades no Centro BTT santiagués da Susana desde este venres

A instalación ofrece rutas en bicicleta por lugares pouco visitados, pero de gran interese monumental e natural.

Uns 30 artistas soben ao escenario para homenaxear a Narf na Quintana

"Narf abriu camiños inéditos para quen quería facer da música unha profesión", destacan desde a organización.

O concello de Santiago realoxa unha parella que viu como se lle alagaba a casa o luns

A auga derrubou un muro na zona e a riada chegou á vivenda. As intervencións en posibles "puntos negros" comezarán nuns días.

Igualdade e accesibilidade como eixos do desenvolvemento sustentable de Santiago

A Xunta de Goberno da capital aproba proxectos nestes dous ámbitos para a súa inclusión na EDUSI.

O Concello de Santiago inicia a contratación dos comedores escolares

A alcaldesa en funcións, María Rozas, defende que é "o único consistorio de Galicia" que usa recursos propios para estas melloras do servizo.

Santiago quere ser amigable para os usuarios das bicicletas

O Concello instala durante o mes de agosto 68 novos aparcabicicletas no casco histórico, para fomentar o uso.

Pacientes nos corredores do Clínico de Santiago e camas que seguen pechadas

Persoal sanitario e asociacións de pacientes denuncian que "se usa o servizo de Urxencias como almacén de pacientes pendentes de ingreso".

Noriega defende un equilibrio que permita a "convivencia" co turismo

O alcalde de Santiago non quere unha zona histórica convertida "nun parque temático" e cre positivo que se abra o debate.

Os orzamentos participativos de Santiago pasan a segunda fase con case 5.000 apoios

O Consistorio defende a seguridade na votación das contas e un aumento do 60% na participación.

Case 100.000 persoas visitaron as festas do Apóstolo en Santiago

"A falta de pechar outro tipo de contabilizacións entendemos que hai unha alta satisfacción", sostén Martiño Noriega.

A moza de apuñalada pola súa ex parella en Santiago sae da unidade de críticos

Recupérase das numerosas feridas que lle provocou o agresor, que permanece en prisión sen fianza.

Prohibido pasar con mochilas e bolsos 'sospeitosos' ao Obradoiro

As medidas de seguridade refórzanse nestas datas na contorna da Catedral e as entradas e saídas de Santiago.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE