A carreira nocturna pola zona histórica inaugura o CorreSan 2017

A VI edición do circuíto ten como lema "Non é unha tolemia, é unha paixón" e estímase que participen 1.000 persoas.


|

CorresanPresentación do VI CorreSan. Foto: Concello de Santiago

A concelleira de Deporte de Santiago, Noa Morales, presentou este martes a VI edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. O CorreSan 2017, que ten como lema "Non é unha tolemia, é unha paixón", contará con catro probas. A primeira será este mesmo sábado, 16 de setembro, co percorrido nocturno pola cidade histórica.


Xunto á concelleira de Deporte estivo na rolda de prensa o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo (FGA), Iván Sanmartín, quen estimou unha participación dunhas 1.000 persoas nesta nova edición do Circuíto. Lembrou que aínda está aberta a inscrición para a primeira proba, a CorreSan nocturna, que terá un percorrido para adultos e outro para as categorías escolares.


A inscrición pode formalizarse ata as 14:00 horas do 14 de setembro a través das webs do CorreSan ou de Carreiras Galegas, ou ben presencialmente no Departamento de Deportes de El Corte Inglés. Será aquí tamén onde os/as participantes deban recoller os dorsais o venres (de 10:00 a 22:00 horas) ou o propio sábado (de 10:00 a 18:00 horas).


A inscrición nesta proba, do mesmo xeito que nas outras tres do CorreSan ten un prezo de 6 euros para os adultos. A participación en todo o circuíto (as catro probas) ten un custo de 24 euros. As categorías escolares teñen inscrición gratuíta.


As seguintes probas do CorreSan serán a da Ruta da Prata-Angrois (14 de outubro), a Ruta dos Parques (o 4 de novembro) e a Mantible-Vite (2 de decembro), esta última novidade este ano, levando así tamén o Circuíto de Carreiras Saudables ao norte da cidade.


Tamén participou na rolda de prensa o presidente do Club de Atletismo MillaRaio e membro da xunta da FGA, David García, quen remarcou a aposta polo deporte popular, que é a base do CorreSan, ademais de ser unha oportunidade para facer deporte en familia.


Finalmente, o director de Relacións Externas de El Corte Inglés, Pati Blanco, agradeceu a implicación de todos os clubs e tamén animou á participación nun circuíto coma este que, máis aló do seu compoñente competitivo, aposta pola saúde.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE