Falece José Antonio Souto Paz, primeiro alcalde de Santiago da democracia
O seu mandato durou do 79 ao 81, cando dimitiu porque o Goberno do seu partido, a UCD, non cumpriu unha promesa electoral.
Inauguración da rúa na súa honra.
José Antonio Souto Paz, primeiro alcalde de Santiago de Compostela da democracia, faleceu aos 79 anos de idade, segundo informan fontes municipais.
Souto Paz, doutor en Dereito e catedrático universitario, foi alcalde de UCD entre 1979 e 1981. O 3 de setembro de 1981 presentou a súa dimisión despois de que o Goberno central, en mans da UCD de Calvo Sotelo, non cumprise o seu promesa de crear en Santiago o Real Padroado, que se vía como unha ferramenta fundamental para desenvolver proxectos importantes da cidade.
Ademais de alcalde de Santiago, ostentou cargos de decano da Facultade de Dereito de Santiago, deputado no Congreso pola provincia da Coruña, asesor do Defensor do Pobo e estivo na xunta de goberno do Colexio de Avogados de Madrid.
En 2013, o Concello de Santiago inaugurou unha rúa na súa honra.
Escribe o teu comentario