Actividades no Centro BTT santiagués da Susana desde este venres
A instalación ofrece rutas en bicicleta por lugares pouco visitados, pero de gran interese monumental e natural.
O Centro BTT A Susana - Marrozos comezará as súas actividades a partir deste venres, 1 de setembro. Este centro está situado na antiga escola unitaria A Susana-Marrozos, despois de ser acondicionado polo alumnado do Obradoiro de Emprego Ecorural Santiago 2016-2017.
As actividades do Centro BTT (Bicicleta Todo Terreo) da Susana-Marrozos, comezarán ofrecendo ás persoas que se acheguen diversas actividades relacionadas co mundo da bicicleta de montaña e todo terreo.
A oferta inclúe rutas tanto pola parroquia de Marrozos, como por todo o val de Santa Lucía, pasando por tramos do Camiño de Santiago. Estas rutas divídense en diferentes categorías segundo a súa dificultade, pensando tanto en quen comeza no mundo BTT como para xente xa experimentada.
Outro obxectivo é dar a coñecer lugares pouco visitados, pero de gran interese monumental e natural dentro do municipio de Santiago.
Escribe o teu comentario