O cadáver atopado nunha casa okupa de Vigo pertence a un home de 33 anos
Á espera das conclusións da autopsia, de momento nada apunta a un crime violento no número 47 da rúa Poboadores.
O achado onte dun cadáver nunha casa en estado de semi runia na rúa Poboadores de Vigo, en pleno barrio histórico da cidade olívica, conmocionou aos veciños, que deron o aviso de que algo ocorría no inmoble polo forte cheiro que saía do lugar. A exploración das autoridades deu co corpo sen vida dunha persoa, en avanzado estado de descomposición, e as investigacións empezan a dar máis detalles da vítima.
FEITOS
Trataríase dun home nado en 1993 e, por tanto, de 33 anos. O lugar, frecuentado por persoas sen fogar, non axuda nas pescudas. As autoridades tamén confirmaron que non constaba denuncia de desaparición do mozo.
A Policía Nacional está á fronte do caso, onde, ao parecer, non parece que se trate dunha morte violenta, ao non apreciar os axentes signos de violencia "aparentes" no corpo da vítima. No entanto, chaman a esperar aos resultados finais da autopsia para poder descartar calquera extremo.
Á espera de coñecer a causa da morte, o número 47 da rúa Poboadores segue precintado. Membros da Policía Nacional e do Imelga acudíronse no lugar despois das primeiras chamadas ao servizo de Emerxencias ao redor das 16 horas de onte.
Escribe o teu comentario