Catro concertos da Real Filharmonía nunha semana en Santiago

As actuacións celébranse en centros socioculturais da cidade e na Praza de Abastos para chegar a novos públicos.


|

RgfcentrosocioculturalUn concerto anterior nun centro sociocultural.


A Real Filharmonía de Galicia vai celebrar esta semana tres concertos nos centros socioculturais de Santa Marta, Vite e Fontiñas e un na Praza de Abastos, en Santiago.


Estas actuacións, que serán gratuítas ata completar o aforo, buscan achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. As citas serán o mércores 13 en Santa Marta (Sala Agustín Magán), o xoves 14 en Vite e o venres 15 en Fontiñas, todas elas ás 20:00 horas. Ademais, o venres, ás 13:00 horas, a nave 5 da Praza de Abastos acollerá un concerto da agrupación.


Os catro concertos estarán dirixidos polo director titular e artístico da agrupación, o mestre británico Paul Daniel. Nos centros socioculturais poderán escoitarse varios fragmentos da Sinfonía nº 7 de Beethoven, obra que o autor compuxo nun ano. Estreouse en Viena en 1813 durante un concerto de caridade para os soldados feridos na Batalla de Hanau. 


O propio Beethoven dirixiu a orquestra e, a pesar de que a súa xordeira xa estaba moi avanzada, a peza foi moi ben acollida pola crítica do momento. É considerada por moitos como a mellor das súas sinfonías.


Os asistentes gozarán ademais de parte da Música acuática de Haendel. Estreouse no verán de 1717 por petición do rei Jorge I para ser interpretada sobre o río Támesis. O concerto foi ofrecido por cincuenta músicos nun barco que navegaba preto da embarcación do rei e dise que este quedou tan compracido que tivo que interpretarse tres veces durante a travesía polo río.


Na nave 5 da Praza de Abastos soará tamén parte da Música acuática composta por Haendel.


relacionada ​Máis de 300 mozos de Santiago participarán nun plan de emprego xuvenil do Concello
relacionada O servizo de comedores escolares de Santiago ten xa uns 900 nenos inscritos
relacionada Martiño Noriega critica que ao PP só lle interese "o turismo a granel"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE