Dous dos catro intrépidos opositores que se lanzaron a alugar unha avioneta para poder presentarse ás oposicións en Madrid e Galicia, que se celebraban o mesmo día, lograron praza para quedar na comunidade galega, concretamente en Verín.
"A supresión de partos en Verín é discriminación postiva para o medio rural", argumentou o xerente do SERGAS de Ourense, Félix Rubial, tras a polémica decisión de pechar o paritorio do Hospital de Verín. Non o entende así Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde quen, en declaracións a Galiciapress, táchao de "atentado contra os dereitos das mulleres". O edil chama á cidadanía para participar na manifestación convocada para o sábado 30 de novembro ás 17 horas na fachada do complexo hospitalario.
A decisión do SERGAS de pechar o servizo de paritorios do Hospital de Verín espertou o rexeitamento das plataformas en defensa da sanidade pública e dos grupos da oposición do Parlamento de Galicia. Todos eles conclúen que esta política de recortes responde o "desmantelamento" da sanidade pública e piden o cesamento de Ruibal á fronte da xerencia do SERGAS en Ourense.
Mentres isto sucedía, 206 persoas de TODOS os estamentos da Atención Primaria levan traballando 6 meses nas 15 Comisións Técnicas creadas pola Consellería de Sanidade no marco da Mesa de Diálogo solicitada polos Sindicatos e o Comité de Folga, en abril do 2019: o chamado Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia.
O galeno estará á fronte da Unidade de Raquis de HM Hospitais en Santiago de Compostela, unha unidade médica especializada no estudo, tratamento e investigación das enfermidades da columna, “un dos problemas de saúde máis importante da sociedade moderna”, subliña o especialista.
O líder de Unidas Podemos e candidato á presidencia do Goberno de España foi unha das moitas personalidades que quixo dar o seu apoio aos manifestantes, que cumpren xa 24 horas de parón ininterrompido e que está noite encerráronse na facultade. Galiciapress atendeu as súas denuncias antes de iniciar as mobilizacións.
O ano pasado os dous centros hospitalarios vigueses sufriron os efectos da epidemia de gripe, que desbordou por completo a capacidade da área sanitaria olívica para absorber tal cantidade de pacientes, como ocorreu noutras áreas galegas. Aínda que hai outros aspectos que sen dúbida xogan un papel fundamental á hora de facer fronte a estes colapsos, que os profesionais e pacientes conten cun bo número de camas e en boas condicións xa é significativo.
Os estudantes de medicina da Universidade de Santiago de Compostela non van tomar un só apuntamento máis a partir deste 5 de novembro. Representantes da Asemblea Aberta de Medicina, plataforma convocante da folga, atenden a Galiciapress para profundar nas súas reivindicacións, onde a incompatibilidade de horarios, as prácticas oficiais ou o trato irrespetuoso dalgúns docentes son os motivos para esta folga que obriga aos futuros médicos de Galicia a colgar momentaneamente bátalas brancas e poñerse o mono de traballo para cambiar a súa carreira.
A enfermidade xa se colocou no primeiro posto no referido á causa de morte máis común entre mulleres e a segunda nos homes, ademais de ser o principal causante de discapacidade permanente en idade adulta.
As rúas da capital galega acollerán unha manifestación organizada pola 'Asociación de Celadores Galegos' (ACeG) para este mércores 30 de outubro. A marcha comezará ás 17 horas na rúa Otero Pedrayo ata as portas da Consellería de Sanidade, en San Lázaro. O evento concluirá coa lectura dun manifesto.