Os nenos enfermos de Touro e O Pino han de ir ata Santiago ou Arzúa para ver un pediatra, denuncia o PSOE

Alcaldes e portavoces socialistas da comarca de Santiago criticaron este xoves as "inaceptables e inasumibles carencias" no servizo de pediatría dos seus municipios e avanzaron que poñerán en marcha nas próximas semanas "medidas de presión" para "esixir un cambio de postura da Consellería de Sanidade".

|

Os coñecidos problemas do SERGAS para cubrir as prazas de pediatría nos centros de saúde rurais tamén afectan a municipios da periferia de Santiago, denuncian desde o PSdeG


Alcaldes e portavoces socialistas da comarca de Santiago criticaron este xoves as "inaceptables e inasumibles carencias" no servizo de pediatría dos seus municipios e avanzaron que poñerán en marcha nas próximas semanas "medidas de presión" para "esixir un cambio de postura da Consellería de Sanidade".


Reunión dos socialistas da comarca de Santiago.Reunión de alcaldes do PSdeG


"Temos un grave problema coa sanidade pública, a Xunta non cobre as ausencias dos pediatras durante as baixas ou as vacacións, o que obriga aos pais e nais a desprazarse para que os seus fillos reciban atención", afirmou Antonio Leira, portavoz do PSOE comarcal.

A situación, denuncian, é "moi preocupante" en concellos como O Pino ou Touro, onde os pais deben desprazarse a Arzúa ou a Santiago cando o seu fillo enferma. Fronte a iso, os socialistas presentarán iniciativas nos plenos municipais e no Parlamento de Galicia e "tomarán outras medidas" en próximas datas.

"É o momento de tomar outro tipo de medidas que iremos anunciando, está en xogo a saúde dos nosos fillos e non queremos esperar a que pase algo grave", finalizou Antonio Leira.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE