O presidente xustificou o peche do Hospital de Verín primeiro alegando á súa inseguridade e despois enarborando que non había pediatras que o SERGAS puidese contratar.
O Comité Executivo da delegación galega da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos elixiu a Ramón Barreiro Paz, que xa viña exercendo o cargo en funcións nos últimos meses, como o seu presidente nunha elección marcada pola renovación.
A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia celebra que os máis de 20 mil profesionais da sanidade pública sexan incluídos na carreira profesional do SERGAS, así como das entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
A medida aplicada o Verín podería ser extensible aos hospitais de Barco de Valdeorras, Monforte, Burela, Cee, Barbanza e O Salnés correrán a mesma sorte, como advertiu no seu día 'Batas Brancas’. Á súa vez, Feijóo supedita a reapertura do servizo para cubrir as prazas convocadas en pediatría. E mentres todo isto sucede, os partos seguen sendo noticia en Verín, pero non pola súa ausencia, ata o punto de que os médicos tiveron que atender un parto de urxencia, aínda que pouco despois o bebé foi separado da súa nai e trasladado ao CHUO.
Feijóo trasladou a este medio que desde o Goberno de Galicia non teñen “confirmación” da decisión dos médicos de familia de negarse a seguir formando MIR, pero mostrou a súa preocupación por este feito do que non atopou “precedentes” a nivel nacional.
Os investigadores do Instituto de Investigación de Santiago (IDIS) pertencentes ao Laboratorio de Neurociencias Clínicas recadaron un millón de euros para poder probar a eficiacia dun novo tratamento contra esta enfermidade, primeira causa de morte natural en mulleres -segunda nos homes- e principal causante de discapacidade permanente en idade adulta.
A administración sanitaria Galega é a garante de que a Atención Primaria, sexa de calidade. 3
A Enfermidade do Ollo Seco é unha doenza que sofren preto de 300.000 galegos, sendo A Coruña a provincia con máis afectados por esta molesta doenza causada polo noso estilo de vida, cada vez máis dependente das pantallas e dos ambientes secos.
A protesta do colectivo está encadrada na campaña ‘#12meses12loitas’ e terá lugar o próximo 12 de decembro ás 12 horas en hospitais e centros de saúde.
“Non hai pediatras", “risco para as nais e os bebés” ou “un Ministerio de Sanidade en funcións que dá igual que exista coma se non” son algúns dos argumentos que utilizou Feijóo para escusar o peche dun servizo que obriga ás mulleres embarazadas ou aos nenos e nenas que teña que acudir ao pediatra en Verín a viaxar, como mínimo, unha hora en coche para recibir a atención médica en Ourense.
O presidente provincial do PP de Ourense e responsable da Deputación, Manuel Baltar, pediu á Xunta de Galicia que "rectifique" a decisión de pechar o paritorio de Verín.
Asemblea de enfermería no Hospital de BurelaEl sindicato asegura que as enfermeiras escapan en canto poden a outras autonomías con mellores condicións, como Asturias ou Euskadi; "onde asinan contratos de máis duración que garanten estabilidade". Na Mariña aseguran que só teñen acceso a "contratos por días, unha quincena ou como moito un mes". A central reclama un "plan de estabilidadad" que transforme en prazas vacantes todas as prazas cubertas hai anos tirando de eventuais.