​Farmacias e a Fundación Alcol e Sociedade tratan de frear o consumo de bebidas entre menores lucenses

A iniciativa, na que participan o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, o Concello de Lugo e a Fundación Alcol e Sociedade unen as súas forzas na campaña 'Menores nin unha pinga'. 


|

A iniciativa, na que participan o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, o Concello de Lugo e a Fundación Alcol e Sociedade unen as súas forzas na campaña 'Menores nin unha pinga'.


2020 01 27 FAS Farmaceuticos Lugo

Presentación da campaña


As farmacias comunitarias de Lugo serán as encargadas de poñer en marcha unha campaña de educación sanitaria e sensibilización entre os menores da provincia para previr o consumo de alcol entre menores. Baixo o lema 'Menores nin unha pinga', as farmacias lucenses, xunto co Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, o Concello de Lugo e a Fundación Alcol e Sociedade, tratarán de poñer freo ao consumo de bebidas entre os menores de 18 anos.


A posta en marcha do proxecto chegou da man de Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, Alejandro María Sánchez,  presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, e Silvia Jato, directora de Relacións Institucionais da Fundación Alcol e Sociedade (FAS). "Trátase dunha iniciativa que pretende aproveitar por unha banda o perfil asistencial do farmacéutico de oficina de farmacia como educador sanitario, e doutra banda a accesibilidade, proximidade e profesionalidade da oficina de farmacia para previr o consumo de todo tipo de bebidas", afirman os impulsores do proxecto, que din estar "preocupados" pola situación.  



Silvia Jato valorou que "a mellor ferramenta" para solucionar o problema "é a educación e a información", para a que pediu tamén a participación das familias e non só da rede de farmacias. "Previr o consumo de bebidas con contido alcohólico entre os menores é prioritario para a Fundación, polo que consideramos primordial contar coa colaboración da comunidade farmacéutica, como proscriptores de hábitos saudables e fonte de información primaria en temas de saúde”, sinalou Jato.


Nesa mesma liña expresouse Alejandro María García, que considerou que este é "un problema de saúde pública" e puxo de manifesto a necesidade é esta clase de iniciativas e a importancia do labor que realizan os farmacéuticos nesta campaña que logran facer " accesible e próximo á poboación a mensaxe desta campaña".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE